15/03/11

CIRCUS KLEZMER


O alumnado de 1º  da ESO participou na representación "Circus Klezmer", toda unha experiencia de bo facer teatral, misturando música en directo, acrobacia, malabares, interpretación de primeira calidade.

Nun pobo do leste de Europa que non queda nin cerca, nin lonxe, nunha época que non é nin a de agora, nin a de antes, nin despois, estase cociñando un gran banquete. A xente do pobo está moi entusiasmada porque se achega un día moi especial.

No mercado, os músicos están afinando os seus instrumentos e a música klezmer empézase a escoitar por todos os recunchos. O tolo do pobo, vai deixando caer do ceo as invitacións... para que? pois para a voda! Pero como en todas as historias, sempre xorden inconvenientes.

A idea de CIRCUS KLEZMER xurdiu un día admirando as pinturas de Marc Chagall e escoitando música xudea de Europa do leste.  

As pinturas de Marc Chagall conteñen máscaras e cores dunha forte intensidade que teñen a capacidade de transportarnos cara a unhas realidades deformadas. Doutra banda, a música klezmer naceu en pequenos pobos de Europa do leste onde se desenvolvía unha intensa vida xudea, unha música para vodas e celebracións, alegre pero á vez melancólica, de carácter romántico e onírico que se desenvolve dentro dun ambiente moi popular. Ademais, o humor característico da cultura yiddish é o que inspirou en gran parte este rico espectáculo cheo de paixón, como o era o circo nas súas orixes. Cheo dos máis puros instintos humanos, facilmente identificables para o público, como o amor, o odio, a alegría, a risa ou a melancolía. ( Ifor. Dossier prensa Manicómicos)
Para lembrar a representación, magoa que non saian os "actores" convidados 


Mais información en MANICÓMICOS

2 comentarios:

  1. Arancha 1ºA6:50 p.m.

    Me encantó esta excursón fue una de las mejores a parte de la del patinaje!!!!!
    Un saludoo mola el blog!!

    ResponderEliminar
  2. yulisa 1º a10:56 a.m.

    me gusto mucho el circo queremos mas excursiones como estas

    ResponderEliminar