26/04/11

PREMIO CERVANTES 2010

O 27 de abril Ana María Matute (Barcelona 1925) recibirá o Premio Cervantes, é a terceira muller en gañalo dende 1976, ano do primeiro Premio concedido a Jorge Guillén.

"Con 'El Quijote' lloré por primera vez leyendo un libro", palabras da escritora na rolda de prensa que concedeu unha vez informada do premio.


Autora de novelas e contos, Matute está considerada como unha das mellores novelistas da posguerra española, pero, á vez que denuncia social, a súa obra está imbuída dunha mensaxe poética e penetra en mundos líricos ambientados frecuentemente no universo da infancia e a adolescencia.

Non en balde, a súa posición preferente na literatura infantil e xuvenil reportoulle multitude de prestixiosos premios literarios infantís, aparte de adultos como o Premio Nacional da Crítica (1959) e o Premio Nacional das Letras Españolas (2007).

Así, ademais de experta en narrativa infantil, está considerada pola crítica literaria como prosista dunha gran capacidade de fabulación. A súa temática xira ao redor de tres eixos: os nenos, a incomunicación humana e o paraíso imposible.
Na biblioteca temos o teu dispor algunha dás súas obras:
- Paulina
- Fiesta al Noroeste
- Algunos muchachos y otros cuentos
- Historias de la Artámila
- Todos mis cuentos
Non deixes de gozar coa lectura




Ningún comentario:

Publicar un comentario