12/10/11

FIZ, O NENO MÁIS PORCO DO MUNDO


A revista «Fiz» convoca un premio de banda deseñada para escolares

Fiz, o neno máis porco do mundo, creado por Kiko da Silva, quere promocionar a novos talentos da banda deseñada. 
Onte presentouse no Concello de Pontevedra o "Primeiro Premio de Banda Deseñada Fiz", para escolares de 8 a 12 anos, desde terceiro de educación primaria ata segundo de ESO. Os participantes deberán facer unha páxina coas aventuras do célebre personaxe, por suposto en galego.
O prazo de presentación rematará o 20 de decembro e os rapaces poden participar a través dos centros de ensino, agrupados por centros e clase, e tamén de maneira individual.
O primeiro premio en cada unha das dúas categorías consistirá nun trofeo de Fiz, unha ilustración orixinal do personaxe asinada polo seu autor, Kiko da Silva, e a publicación do traballo na revista.
Tamén haberá un premio colectivo que consistirá nun obradoiro de banda deseñada impartido polo propio Da Silva, entre as aulas dos centros de 
ensino que presenten máis bandas deseñadas. O ilustrador ensinará aos rapaces trucos dos profesionais para facer banda deseñada.
Os traballos presentaranse no Concello de Pontevedra, Servizo de Normalización Lingüística, rúa do Arcebispo Malvar, 1, 360071. Pontevedra. 
No exterior do sobre constará: I Premio de banda deseñada Fiz.

2 comentarios:

  1. Anónimo8:21 p.m.

    Eh aquí mi esperado comentario mi querida Inés,muy bonito te a quedado el blog,ahora ya se a revelado nuestra incógnita de que quien era la niña que exponía el libro,nuestra querida María.
    Y es que bua,as acertado con poner lo del libro de Fiz,que es dios,porque en plan,ese niño es el mejor.Debido a mi conocidas expresiones,yo eh puesto que soy anónima,pero tu seguramente ya sepas quien soy.
    Un saludo querida profesora de lengua,espero mi aprobado.

    ResponderEliminar
  2. Pois miña querida anónima, con esa ortografía o aprobado vai estar difícil...
    Grazas por visitar o blog;)

    ResponderEliminar