29/10/11

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver

Cristina Rocha, 2º Bacharelato

Historia de una escalera, Antonio Buero Vallejo

Coa publicación de La vida es sueño, de Pedro Calderón de la Barca, ráchase a crenza do destino marcado na túa vida, incluso denantes de que esta sexa nada. Nesta obra de Calderón, a figura principal, Segismundo, representa a forza dos actos e o camiño a seguir decidindo por el mesmo vencer os obstáculos impostos, marcando así o seu propio destino.
De igual forma, Antonio Buero Vallejo amosa a súa conformidade ante o novo pensamento e mediante a súa obra teatral, Historia de una escalera, vólvese a facer patente o poder do cambio e do esforzo a través dos personaxes principais e os seus fillos, que tomarán parte nesta obra como a reencarnación do problema e a porta cara ó futuro do cambio. E, é que quizáis, o que todos nós necesitamos é deixar atrás esa meta marcada por obligación, que nos persegue e dende un sentido indirecto nós seguimos. Polo que, para poder cumprir os nosos desexos e marcar deste xeito o noso propio camiño, debemos vencer a presión da sociedade que nos rodea.
En resumo, Calderón plantexa unha pregunta, unha cuestión, unha dúbida, unha reflexión á que, segundo o meu parecer, dalle resposta con esta obra realista Buero Vallejo.

5 comentarios:

  1. A Esperela1:06 a.m.

    Moi interesante, Cristina, esta comparativa que fas entre as dúas obras, na que amosas unha lectura atenta, minuciosa e crítica. Grazas por esta análise tan entusiasta!

    ResponderEliminar
  2. Anónimo11:06 p.m.

    Qué alumnos tedes na escola!!Noraboa!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Pois si, Anónimo, estamos moi orgullosos :)

    ResponderEliminar
  4. Fátima9:15 p.m.

    Encantada de descubrir esta sección renovada e de máis "tiraxe" daquel noso Fotolibro! E que alegría ler a Cris! Abrazos!

    ResponderEliminar
  5. Fátima, que alegría que descubriras o noso, o teu fotolibro! Foi unha actividade que nunca quixen perder e é un pracer recuperala agora no blog da Esperela. Como ves, os nenos seguen atrapados polas imaxes... Un bico moi forte e grazas por visitar o noso blog!
    Inés

    ResponderEliminar