07/11/11

ALBERT CAMUS


Tal día coma hoxe en 1913 nacía Albert Camus, escritor e filósofo francés. Na súa variada obra desenvolveu un humanismo baseado na conciencia do absurdo da condición humana.  En 1957, á idade de 44 años, concédeselle o Premio Nobel de Literatura por «o conxunto dunha obra que pon de manifesto os problemas que se presentan na conciencia dos homes de hoxe».
Algunhas das súas obras máis coñecidas son O estranxeiro, A peste ou Calígula.

Ningún comentario:

Publicar un comentario