24/11/11

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver

Brais Lestón Luces, 1º Bacharelato

El guardián de los dragones, Carole Wilkinson

O libro que recomendo é El guardián de los dragones, da autora Carole Wilkinson. Este libro foi galardonado co premio Urealis.
Fago esta recomendación porque me parece un libro estupendo, pois fala de como unha nena e un dragón recorren toda China, sorteándo toda clase de obstáculos, mesmo escapando dun cazador que quere a misteriosa pedra que transportan; neste libro fálasenos de temas como o medo ou a timidez pero tamén nos ensina como poder desfacernos de todos eses sentimentos negativos que unicamente bloquean as nosas ideas.
En definitiva, recoméndoa porque é unha obra que mestura perfectamente o mundo da imaxinación con situacións reais.



7 comentarios:

  1. Grazas, Brais, por participar neste fotolibro. Tomamos nota da túa recomendación. :)

    ResponderEliminar
  2. Belén6:04 p.m.

    A verdade Brais é que ten boa pinta . Eu tamén tomo nota

    ResponderEliminar
  3. Anónimo6:08 p.m.

    Fixeime no novo aspecto do blog, está moi ben, pero ...quedan algúns pequenos aspectos por pulir. Quizais consultando aos editores doutros blogs do centro...

    ResponderEliminar
  4. Si, Belén, Brais é un bo lector!

    ResponderEliminar
  5. Anónimo, somos todo oídos para escoitar as túas recomendacións sobre os aspectos que podemos pulir. Seguro que tes moi boas ideas... ;)

    ResponderEliminar
  6. El nota6:06 p.m.

    Tiene buena pinta, habrá que echarle un vistazo

    ResponderEliminar
  7. Si, Nota, seguro que está ben :)

    ResponderEliminar