Presume de ler e déixate ver
Adán Méndez Varela, 4º ESO
Poetízate, Fran Alonso
Neste curso mandáronme ler o libro de Poetízate. O primeiro que pensei foi "outra vez poesía, todos eses poemas que tanto custa entender", pero cando o fun mercar e vin a portada foi como se o libro me chamase.
Cando cheguei a casa empecei a ollar as follas, pareime na 110 e lin o poema que nela aparecía, "Voz sen verbas". Este poema encantoume e decidín volver ao principio e lelos todos, cousa que ao contrario do que me imaxinaba non me custou. Aínda así o que máis me atraía era "Voz sen verbas", de Antonio García Teijeiro.
Por todo isto, pídolle á xente coma min en especial, esas persoas as que non lles gusta ler ou que len e a poesía lles parece aburrido, que lean Poetízate e xa verán como cambian de opinión como fixen eu.
Por todo isto, pídolle á xente coma min en especial, esas persoas as que non lles gusta ler ou que len e a poesía lles parece aburrido, que lean Poetízate e xa verán como cambian de opinión como fixen eu.
Moitas grazas, Adán, por participar no noso fotolibro e por animar os teus compañeiros a ler poesía ;))
ResponderEliminarA verdade é que me alegro moitísimo do que dis sobre este libro ,porque xustamente era o obxectivo perseguido ao escollelo como lectura para 4º.
ResponderEliminarGrazas Adán
Ou sexa, que te poetizaches ben!!
ResponderEliminarPois si, jaja :)))
ResponderEliminarNa Editorial Xerais recollen a recomendación de Adán!
ResponderEliminarNoraboa!
http://xerais.blogaliza.org/2012/01/09/un-estudante-do-ies-o-mosteiron-de-sada-recomenda-a-lectura-de-%C2%ABpoetizate%C2%BB-a-antoloxia-de-fran-alonso/
Gracias por tu recomendación Adán. ((:
ResponderEliminarA mi me gusta mucho la poesía, asique es un libro que, después de lo que has dicho sin duda alguna leere y pondré especial cuidado en ese poema que dices que tanto te gustó...
Pois si que é bonito este poema :)
ResponderEliminarVoz sen verbas:
silencio.
Mar sen auga:
deserto.
Sol sen raios:
misterio.
Luz sen brillo:
coitelo.
Man sen man:
un berro.
Dor sen laios:
o tempo.
Eu sen ti:
inferno.