27/01/12

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver

María Fernanda Guevara González, 3º ESO

Ata que o saibas todo, Juan Cruz Igerabide

O libro trata dunha nena de 14 anos que é cega, chámase Ester. Seu pai vese involucrado, misteriosamente, en problemas de narcotráfico. Ester fai todo o posible por axudalo e sacalo do cárcere coa axuda dos seus amigos e da súa tía.
Por outra banda, a nai da nena tense que agochar da policía porque cren que é cómplice do seu home. Mentres, a rapaza queda ao coidado da súa tía e do seu can Pipo, un can moi intelixente e que servirá de moita axuda.
Ademais, contan coa axuda de Rosa, profesora de Ester, que, en todos os momentos difíciles, está ao seu lado. Pola contra, "A Antipática", tamén mestra da cativa, atópase metida nos negocios sucios, dos que culpan ao pai de Ester.
Cres que poderán solucionar todos os conflitos que aparecen ao longo da historia?
Eu penso que é un libro que nos fai reflexionar acerca de todo o que temos e non valoramos dabondo, queixándonos a miúdo sen ter un porqué. Ester, a pesar do seu defecto intenta axudar a seu pai para que todo saia ben.
É un bo libro: divertido, ameno, intrigante e de moita acción. Recoméndovolo, vaivos gustar.

9 comentarios:

  1. Que interesante parece este libro!
    Moitas grazas, María Fernada, por participar no noso fotolibro :))

    ResponderEliminar
  2. Inés, informa no blog sobre o concurso de fotografia!

    ResponderEliminar
  3. Olalla, o concurso de fotografía sairá dentro de quince días, ten paciencia ;)

    ResponderEliminar
  4. Que ben Mafe! Está claro que os libros que falan da superación e da xenerosidade fan que reflexionemos moito .

    ResponderEliminar
  5. Pois si, Belén, e creo que este libro en concreto ten moito éxito.
    Grazas por visitarnos! ;))

    ResponderEliminar
  6. Me parece muy interesante este libro. Buenísima opinio personal, gracias Mafe! ;)

    ResponderEliminar
  7. Grazas tamén a ti, AdN, polo teu comentario :)

    ResponderEliminar
  8. Anónimo11:26 p.m.

    Gústanme as túas conclusións, Mafe!!

    ResponderEliminar