29/02/12

AYA DE YOPOUGON NOS CINES

En xullo de 2012 estréase a adaptación cinematográfica do cómic Aya de Yopougon, que tanto éxito ten entre o noso alumnado.
As autoras, Marguerite Abouet e Clément Oubrerie, sitúannos nunha vila de Costa de Marfil, onde vive unha rapaza, Aya, coas súas dúas mellores amigas, Adjoua e Bintou. Todas teñen soños, problemas, todas namóranse, teñen as súas teimas e viven un ritmo de vida frenético. Como se estivéramos en calquera lugar de Europa.
Con Aya de Yopougon, Abouet quere cambiar a imaxe de África difundida en Occidente polos medios de comunicación: fame, guerras e miseria non é todo o que podemos encontrar neste continente. Aya recrea cun ton optimista e gran sentido do humor a vida de personaxes coma nós, os seus costumes, a súa gastronomía...


Saber que se está a preparar unha versión cinematográfica é unha boa nova para todos os que disfrutamos coas aventuras destas rapazas africanas.
Lembrade o que a vosa compañeira María Vázquez dicía...


2 comentarios:

  1. María7:18 p.m.

    Que sorpresa e que alegría! estarei atenta ao estreno , poder ver aos personaxes en movemento e falando pode ser do mellor , grazas polo aviso , agardarei con ansia , bicos :D

    ResponderEliminar
  2. Xa sabía, María, que ías estar contenta :))

    ResponderEliminar