06/02/12

RUSSIAN RED E JANE JOYD EN CONCERTO

O próximo día 11 de febreiro teremos a oportunidade de ver en directo á cantante e compositora madrileña Russian Red no centro Ágora, onde presentará o seu último álbum, Fuerteventura.
Neste vídeo podedes vela cantando Cigarrettes, o tema que foi banda sonora da película Camino.

Cantará con ela a coruñesa Jane Joyd, unha das propostas con máis potencial no panorama independente, gañadora do premio Proyecto Demo 2011, o galardón español máis importante dentro do ámbito "indie".


6 comentarios:

  1. Canta e toca moi ben pero a min resúltame raro iso que lle pasa á madrileña Russian Red, que di que canta en inglés por instinto...
    Será un instinto comercial,digo eu.

    ResponderEliminar
  2. Bueno, Belén, non ten que ser así... aínda que pode ;)
    Creo que se sempre escoitas un tipo de música nunha lingua, non é tan raro que á hora de facer ese mesmo tipo de música empregues a lingua dos teus referentes musicais, non?

    ResponderEliminar
  3. sabela4:38 p.m.

    Coincido con Belén. A min gustaríame escoitar a Rusian Red en castelán.
    :-)) Marlango, outro grupo español que tamén soa en inglés, acaba de sacar tema en castelán. Sempre é un luxo poder gozar da música dunha mesma agrupación en varias linguas.

    ResponderEliminar
  4. Vaaaale, Sabela, concordo ;)

    ResponderEliminar
  5. Anónimo12:22 p.m.

    Inglés, castelán, tanto me ten, é unha marabilla esta artista!

    ResponderEliminar
  6. Si, Anónimo, a min gústame moito!

    ResponderEliminar