23/03/12

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver


Tamara Paredes, 2º bacharelato
Poesía última de amor e enfermidade, Lois Pereiro

Este libro de poemas comeceino a ler cando acababa de pasar por unha dura enfermidade. Axudoume a comprender que todas as experiencias perfeccionan a nosa vida. A ver que o túnel non sempre é escuro e que no medio do camiño unha luz pequerrechiña alumea dándolle vida ó inerte.
Cada verso amosa un estado: anguria, ledicia, ansia de vida... a enfermidade remata, a morte aproxímase... a poesía non fina; cada vez que se le, que se lle da vida, un trasno xoga cos sentimentos e emocións.

11 comentarios:

  1. Moitas grazas, Tamara, pola túa participación no noso fotolibro e por este comentario tan emotivo. As experiencias negativas tamén son unha aprendizaxe...

    ResponderEliminar
  2. Anónimo5:56 p.m.

    Menuda mensaxe de esperanza

    ResponderEliminar
  3. É un libro tremendo ,verdade Tamara?
    Canta forza ten a poesía cando nos sentimos identificados coas súas mensaxes!
    e canta poesía nace do sufrimento !

    ResponderEliminar
  4. Tamara Paredes9:57 a.m.

    É unha poesía moi profunda e doada de entender. O lector relaciona os poemas con vivencias e sentimentos propios e iso, é o bo da poesía.
    Belén, do sufrimento porque é unha vía de escape, a vía da evasión na que o autor pode amosarse tal e como é, como se sente, o que pensa... A poesía que nace do sufrimento a min, persoalmente, encántame.

    ResponderEliminar
  5. sabela6:57 p.m.

    Grazas, Tamara, por compartir esa lectura con todos os que seguimos o blog da Esperela!:-)mirando a cámara e todo! pero... haberá que ir pensando en cambiarlle o nome á sección...fotovideolibro¿?¿? videorecomendación¿? ;-))moi bo traballo, diante e detrás da cámara. :-)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Sabela, xa vés que a sección vai crecendo...

      Eliminar
  6. Anónimo8:13 p.m.

    Inés No examen do luns de recuperación de 3A se pode subir nota o so é para os que suspenderón

    ResponderEliminar
  7. Anónimo, esta non é a canle...

    ResponderEliminar