25/04/12

JOSÉ ÁNGEL VALENTE


O poeta José Ángel Valente naceu en Ourense o 25 de abril de 1929 e morreu en Ginebra no ano 2000.
A súa traxectoria profesional como poeta comeza cando aínda é un estudante, formando parte do "Grupo poético dos 50", dentro do cal representa a poesía como unha vía do coñecemento. Na década dos 60 a súa poesía evoluciona seguindo unha corrente chamada "poesía do silencio", separándose así do momento poético de metade do século. Destacan obras como A modo de esperanza, Poemas de Lázaro, Siete presentaciones.
A obra poética que escribe en galego é primeiro reunida en Sete cántigas de alén e posteriormente en Cántigas de alén
Realiza tamén traballos como tradutor de poesía alemana e francesa, ademais escribe ensaios relacionados coa pintura, a mística e a literatura española.


 Homenaje a Rosalía de Castro
Se fue en el viento,

volvió en el aire.

Le abrí en mi casa

la puerta grande.

Se fue en el viento.

Quedé anhelante.

Se fue en el viento,

volvió en el aire.

Me llevó adonde

no había nadie.

Se fue en el viento,

quedó en mi sangre.

Volvió en el aire.
                            "La Poesía", J. A. Valente

2 comentarios:

  1. A José Ángel Valente

    e se perdo a voz
    as pausas as ideas

    se perdo a lingua
    se esvaran
    das miñas mans os pecados

    cal a intención
    do dito

    das follas gastadas
    se non teño pasos

    se perdo o corazón
    se non bate

    cal o resto
    dos silencios das culpas

    se extravío o destino
    se xa non vale a álxebra

    cal o sentido
    do verso
    (sempre)
    da dor
    da memoria

    Eduardo Estévez( no pasamento de J.A. Valente)
    19/7/2000

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi bonito, Belén, moitas grazas :)

      Eliminar