14/05/12

CERTAME LUÍSA VILLALTA

video

Este venres acompañamos a nosa alumna Tamara Paredes a entrega de premios do certame literario Luísa Villalta, no que acadou o segundo posto cun poema titulado "Páxinas en branco". Foi un acto emotivo, cheo de referencias á poeta e ao autor homenaxeado nas Letras Galegas 2012, Valentín Paz Andrade. Disfrutamos tamén das actuacións musicais, poéticas e artísticas do alumnado do IES Isaac Díaz Pardo, organizador do acto.
Tamara agradeceu aos compañeiros e profesores o seu apoio e instou os máis novos a escribir. Ver a madurez de Tamara e como o noso alumnado de bacharelato segue a darnos motivos de orgullo é un estímulo para nós nestes momentos.
Nesta presentación tedes algunhas fotos do acto:

4 comentarios:

  1. Tamara Paredes8:20 p.m.

    Qué ben quedou o video !! Capturaches todos os momentos oportunos.
    Gustoume moito escoitar a miña voz lendo o poema. É unha bonita lembranza :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, iso que estás aí medio escondida, pero quedou ben. Tes tamén voz de poeta!

      Eliminar
  2. Tamara , xa che dixen case todo... Moitos bicos pirula , dáme pena que vos toque marchar xa do Centro!

    ResponderEliminar