14/06/12

LEMBRANDO A BORGES


Un 14 de xuño de 1986 morría Jorge Luis Borges, un dos escritores máis importantes do século XX. A súa obra, fundamental na literatura e no pensamento universal, inclúe ensaios breves, contos e poemas e queda fóra de calquera clasificación.
O escritor arxentino ofrece nos seus textos a perfección da linguaxe, os coñecementos filosóficos e mitolóxicos, o universalismo das súas ideas, a orixinalidade nas ficcións e a beleza da súa poesía.
Destacamos o libro de contos El Aleph, lectura no terceiro trimestre do noso alumnado de 2º de bacharelato.

                         

2 comentarios:

  1. Son moi desmemoriada e iso dáme ás veces moita rabia, pero...lembro un conto de Borges estupendo que me encantou: "Funes o memorioso"

    ResponderEliminar