01/03/13

NOVIDADES: VIDEO XOGOS


Acabamos de incorporar tres video xogos aos fondos da biblioteca.
Age of Mythology (PC). Xogo de estratexia en tempo real continuación da coñecida saga "Age of..." de Ensemble Studios. Unha das súas principais novidades é que inclúe, por primeira vez, unha contorna 3D. Ademais conta cunha ambientación moi diferente na que o realismo histórico de anteriores xogos deu paso a un mundo de mitoloxía e lenda.

IMPERIUM CIVITAS ANTHOLOGY

IMPERIVM CIVITAS ANTHOLOGY (PC) 

Construír un Imperio, converterse nun Emperador romano, este é o reto que che propón Imperium Civitas.

 

FIFA 13 (PC) 

Non precisa presentación.

 

2 comentarios:

  1. Anónimo9:22 p.m.

    age of mythology es un juego excelente si lo juegas aprendes mucho y te servira en cultura clasica

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas pola visita e polo comentario. Tes toda a razón, aprender xogando é importante.

      Eliminar