24/03/13

SEMANA DA POESÍA NA ESPERELA

Repaso rápido do que foron as actividades desenvolvidas durante esta semana intensa e chea de poemas.

Escoitando a voz dos poetas e compoñendo Sonetos

Semana da poesía. A Esperela on PhotoPeach

Recital na biblioteca e Recital multimedia de Yolanda Castaño:
Recitando poemas.  Recital Yolanda Castaño on PhotoPeach

Grazas por participar e gozar da poesía

2 comentarios:

  1. Para min foi unha auténtica honra e un gustazo encontrarme cos alumnos e alumnas do IES da Esperela. Estudan nun espazo realmente singular, coma unha illa no medio do bosque, e teñen a sorte de contar cun profesorado inquedo que sempre anda a argallar novas aventuras estimulantes, dinamizando a vida da comunidade educativa e non tirando a toalla por tempo que pase ou falla de recursos que lles caia enriba. O alumnado é tamén superreceptivo e, en definitiva, para min foi sensacional que lle desen esta oportunidade á poesía actual, a que se está producindo na porta do lado. Moitísimas grazas e que sigades fantasticamente ben!
    Unha forte aperta e a miña lembranza sempre.
    Yolanda Castaño

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Yolanda polo teu comentario que nos anima a continuar no traballo e sobre todo grazas pola poesía.

      Eliminar