07/05/13

ROBERTO VIDAL BOLAÑO NA ESPERELA


 
Obras a túa disposición na biblioteca. Achegádevos ao teatro de Roberto Vidal Bolaño, unha experiencia que non defrauda.

Rastros: unha mirada sobre nós mesmos, feita dende o envés. Desde o outro lado das cousas. Ese que de común se nos secuestra ou non sempre se nos deixa ver.

Bailadela da morte ditosa.  Preséntanos seis encontros coa morte noutros tantos cadros. Encontros procurados sempre polos personaxes e por diferentes motivos: adiantar á propia morte para fuxir do sufrimento, achegarse a ela para matar a soidade ou o fracaso, abrazala para alimentar outra vida ou acabar nos seus brazos como remate natural dun camiño xa andado.Un achegamento ao tema -a morte buscada, a "ditosa"- sen estridencias, con gran naturalidade como sempre se tratou na nosa cultura e desde o noso imaxinario.


Un apaixonante drama con personaxes inesquecibles. Con este texto, Roberto Vidal Bolaño obtén en 1992 o Premio Xacobeo de Textos Teatrais. Unha investigación de historiadores e teólogos, baixo a sombra da autoridade eclesiástica, sobre o misterio dos restos do Apóstolo. Que é o que se oculta aí dentro, baixo esa bela arquitectura, se é que hai algo? Os ríos de peregrinos de todo o mundo polo camiño de Santiago, ao longo de tantos séculos, onde foron, onde van hoxe mesmo? Que apodrece aí debaixo? O corpo de Prisciliano? Haberá outra cousa que o baleiro?

Saxo Tenor. A historia comeza cun morto, un mozo morto de morte violenta. O seu sangue mancha aínda a praza. Pero a obra non comeza nese momento senón dous anos despois, cando alguén supostamente xornalista tenta aclarar a verdade. A peza ten unha intensa vinculación co cine e iníciase cun flashback: alguén que vai contar toda a verdade sobre a morte dun rapaz de boa familia que vai morrer a un arrabalde que cadra lonxe da súa casa. Os informativos contaron entón que a morte fora motivada por un atraco, a tentativa de roubar un saxo dunha tenda ou un asunto de drogas. O pai da vítima é importante e o asunto queda agochado entre os titulares de cada día.

Unha contribución de Paco Nogueiras Nodar, "Espirito Vidal Bolaño"
  
Ler teatro no mes das Letras Galegas

Ningún comentario:

Publicar un comentario