Hoxe rematamos os Encontros de Orientación Profesional deste curso coa mellor compañía. Sabela e Laura compartiron con nós as súas dúbidas e tamén as súas certezas. Elas son un exemplo claro de que o saber sempre suma, sempre abre portas.
As profesoras estamos moi emocionadas, aquelas nenas de hai uns anos non perderon a curiosidade nin o desexo de saber e de ensinar. Volven ao seu instituto con ilusión, coma quen volve a casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario