No oitenta aniversario do pasamento do poeta Antonio Machado, recuperamos unha actividade que fixemos hai tres anos en 4º de ESO:
O 22 de febreiro de 1939, Antonio Machado morría en Colliure (Francia), triste, canso e enfermo. Fuxía dunha guerra que remataba e que significaba a desaparición da República.
Cada ano, deposítanse nun buzón próximo á súa tumba as miles de cartas que en todos os idiomas chegan ao cemiterio de Collioure dirixidas a Don Antonio Machado. As flores acompáñano permanentemente, tamén as pedras. Simbolicamente, nós ofrecemos as pedras do noso camiño, lembrando así que, a pesar do horror, a poesía permanece e nos fai mellores.
Que actividade tan bonita! e ...que nostalxia me provoca!
ResponderEliminarSi a todo!!!!!! ;)
Eliminar