O 19 de xaneiro de 1809 naceu en Estados Unidos Edgar Allan Poe, poeta, crítico e xornalista romántico, recoñecido como un dos mestres universais do relato curto. Foi tamén renovador da novela gótica e moi recordado polos seus contos de terror. Considerado o inventor do relato detectivesco, contribuíu tamén con varias obras ao xénero da ciencia-fición.
Según Poe, a máxima expresión literaria era a poesía e a ela adicou os seus máis grandes esforzos. É moi coñecido o seu poema O corvo (The raven, 1845), onde o seu dominio do ritmo e a sonoridade do verso son impecables.
Esta curtametraxe foi o primeiro traballo de Tim Burton como director. Conta en verso a historia de Vincent Malloy, un neno de sete anos, ávido lector de Edgar Allan Poe, que recreando as fantasías do seu literato favorito se transporta a lugares escuros...
E neste vídeo veredes a interpretación que dun poema de Poe, Annabel Lee, fai o grupo Radio Futura:
Qué lembranzas a canción de Radio Futura...non sabía que o texto era de Poe!. Simplemente fantástico o vídeo de Tim Burton como case todos os seus. Grazas
ResponderEliminarSi, Nat, a min encántame esa canción... E o vídeo é xenial, ademais a voz do narrador é a do actor de dobraxe de Vincent Price...;)
ResponderEliminarFantástica!
ResponderEliminarGrazas, Belén! :)
ResponderEliminar