"Dos nosos pais aprendimos a rir e a amar, e a dar os primeiros pasos. Pero cando abrimos un libro, descubrimos que temos ás".
28/02/12
27/02/12
PREMIOS AO CONCURSO AMOR, AMOR... EN CEN PALABRAS
O pasado venres 24, coincidindo coa estrea no Espazo Cinema da nova produción audiovisual de Édelingua, "As mazás casamenteiras", entregamos os premios ás comparsas gañadoras no entroido e no concurso de microrrelatos "Amor, amor... en cen palabras".
Debido ao éxito de participación neste certame e á calidade dos textos presentados, decidimos entregar tres premios:
Premio ao primeiro ciclo para Claudia Díaz (2º ESO B) polo texto titulado "Só funciona se somos dous; necesítote":
"Sorriso, grandes ollos, suadoiro arremangado, pantalóns caídos, skate en man e zapatos novos.
Camiña lixeiro facendo parvadas. Xira a cabeza, mírame, sorrí, devolvo o sorriso, solta o skate duramente, coloca o pe esquerdo, empurra co dereito e sóbeo. Volve xirala, mírame, dá un bico ao aire, e sae patinando. Nun intre recordo os seus beizos quentes na miña meixela, o seu cheiro entrando lenta e despreocupadamente en min, os seus brazos rodeándome, non vexo saída, tampouco a quero; non penso, iso é, non penso, tampouco o intento; rodéolle o pescozo. Soltámonos, sorrimos e esquecemos o acontecido, recordando cada intre".
Premio ao segundo ciclo para Carla Pereiro (3º ESO PDC) polo microrrelato titulado "Desolación":
"Moreas de caixas espalladas polo cuarto dela. Sentada na esquina da cama imaxinaba que el aparecía pola porta. Moitos anos compartindo amor, moitos anos de amor naquela mesma cama. E agora xa non queda nada. Ten que marchar dese cuarto.
Está na rúa, diríxese á tetería, entra, fixa os seus ollos na mesa na que adoitaba sentar sempre. A ela énchenselle os ollos de bágoas, sae da tetería, intenta ser forte e non chorar, pero a tristeza invádea, bota a correr sen rumbo..
Desfeita, chega á casa de Lucía, a súa mellor amiga. Alí estaba el".
Premio ao Bacharelato para T. P. (2º Bacharelato) polo poema titulado "Enxebre sentimento":
Abaneaban as estrelas esmorecendo
na soidade do infindo, recollendo
axóuxeres sen acordes melódicos.
A escuridade da firmeza derrubou
o equinoccio, xa non promulga, dimite.
As lembranzas derrubaron a ledicia, os lóstregos
asediaron o luar. O chamamento agarimouse
ós larpeiros envelenamentos, brétema no corazón.
Saudade socorrida polo diaño. Apertas escorrentadas
polos ciumes. Nada queda, todo murcha.
O meu lar na ribeira, a xanela aberta. O misto
acendido non quenta; tatexa sen control.
Lambisquei un boneco enfeitizado sen
sabor.
Digo fuxe; o trasno, non quere.
26/02/12
E TI QUE DIS?
Entre Antroido, concursos e fotos, recollemos as achegas do caderno da exposición "Frases célebres sobre a PAZ". Isto foi o que dixemos:
"Se queres un mundo mellor fai a paz"
"No creo que haga falta celebrar la paz un día
concreto porque tiene que ser todos los días"
concreto porque tiene que ser todos los días"
"La paz no es sólo una manera de comportarse,
sino también un sentimiento de bienestar
contigo y con los tuyos"
"Encántame o día da paz pero hai frases tontas, espero outras parecidas a: A paz comenza cun sorriso"
" Feliz día de la Paz"
"Cuando te vas de la iglesia, eso sí que es Paz"
"Paz 4ever"
" Se renunciamos a xustiza renunciamos a paz"
" Yo quiero paz para todas las personas"
" Será a PACIENCIA a ciencia de manter a PAZ"
" CaPAZidade,
PAZiencia,
ComPAZión...
(zigue ti, anda...)"
"É moi fácil chegar ata o río da paz, cando chegues, serás parte do seu caudal"
" Haya Paz"
" Quen non quere vivir en paz ?"
"Para tener una sociedad Tranquila Todos Tenemos que poner un granito de Paz"
Grazas por PACIFICAR
25/02/12
175 ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO
O pasado venres 24 conmemoramos o 175 aniversario do nacemento da poeta máis representativa e querida da lingua e da literatura galegas: Rosalía de Castro.
A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente na nosa lingua, sinala o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento.
A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade.
Desde o século XIX, Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como poeta nacional, pois asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento.
A galeguidade intrínsecados seus textos, esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos.
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) anima a conmemorar este acontecemento agasallando un libro e unha flor.
Podedes ver aquí as actividades das Bibliotecas Escolares Galegas.
Podedes ver aquí as actividades das Bibliotecas Escolares Galegas.
Vía AELG
24/02/12
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver
Miguel Suárez Carnota, 4º ESO
Febre, Héctor Carré
Febre , unha obra de Héctor Carré , na que a protagonista é Carmucha, unha moza de dezasete anos que, ademais de ser moi valente e botada para adiante, é tamén algo incauta. Un día vai ás minas de volframio , nas que se cometen grandes inxustizas, e ademais tamén ve a vida desde outra perspectiva e desde outros lugares, por exemplo desde os barrios baixos, onde viven vagabundos , prostitutas, etc. e nos que se da conta do que fai o cabo Marelo, un policía corrupto. Sendo consciente da actitude daquelas mulleres, decide deixar a súa vida de señorita e poñerse ao servizo das persoas máis humildes. Desde ese momento métese de cheo no negocio do volframio e vanlle pasando diferentes episodios nos que vai madurando como muller e descubrindo cousas que lle fan cambiar na forma de pensar acerca da maioría das persoas que a rodean.
Eu recomendaríao, xa que é un libro que, a pesar de ter case 300 páxinas, lino rápido porque é moi entretido.
23/02/12
IMOS AO TEATRO: LA SOMBRA DE LEAR
Un rei, Lear, vello e canso, decide repartir o seu reino entre as súas tres fillas, con todas as riquezas, autoridade, poder e obrigas que leva, mantendo para si mesmo só a coroa e o título de monarca. Con todo, as fillas traizóanlle, cada unha á súa maneira, e o rei vese só, enfermo e desprezado, enfrontado a un destino miserable que el mesmo puxo en marcha. Arrastrándose á morte, coñecerá a tolemia, a vergoña, a fidelidade, a alegría e o horror.
Será un único actor o que poña en escena a súa versión de O rei Lear, de Shakespeare. Este único intérprete empéñase en contar a traxedia do soberano Lear, el só. Pero, seica é posible? O actor loita contra si mesmo, contra o seu medo a xulgarse, á crítica, ao fracaso, a resultar patético...
Esta é a montaxe que "Ultramarinos de Lucas" ofrecerá o día 1 de marzo no Forum Metropolitano da Coruña e á que asistirá o alumnado do noso instituto.
22/02/12
ANTONIO MACHADO
Lede este poema e escoitádeo musicado por Joan Manuel Serrat:
Ya hay un español que quiere
vivir y a vivir empieza,
entre una España que muere
y otra España que bosteza.
Españolito que vienes
al mundo te guarde Dios.
una de las dos Españas
ha de helarte el corazón.
vivir y a vivir empieza,
entre una España que muere
y otra España que bosteza.
Españolito que vienes
al mundo te guarde Dios.
una de las dos Españas
ha de helarte el corazón.
21/02/12
MEMORIAS DE UN HOMBRE EN PIJAMA
Como xa saberedes, a película de animación baseada no cómic de Paco Roca, Arrugas, vén de gañar dous premios Goya: a mellor guion adaptado e a mellor película de animación.
Como este cómic ten moito éxito entre o alumnado, aproveitamos para recomendarvos outro do mesmo autor: Memorias de un hombre en pijama.
Nesta recompilación de historietas (cada unha de catro viñetas), Paco Roca conta de forma bastante autobiográfica a vida dun home de corenta anos que cumpre o soño da súa vida: quedar na casa todo o día co pixama posto. Por medio destas viñetas fala dos seus problemas amorosos, dos seus amigos, das "comeduras de coco" do traballo na casa, da crise dos corenta, das súas visitas ao ximnasio, da súa infancia... cunha mirada festiva, tenra, como intentando ver as cousas por primeira vez, coma un neno.
Nesta obra, Paco Roca abandona ese ton amargo que amosou en Arrugas e consegue, tamén a partir do realismo, facernos rir.
Se estades interesados, pasade a recollelo pola Esperela.
19/02/12
MORRE O GUITARRISTA ENRIQUE SIERRA
Este 17 de febreiro morreu Enrique Sierra, guitarrista, produtor e compositor español. Foi protagonista da Movida Madrileña e cofundador de Kaka de Luxe e do mítico grupo Radio Futura, no que aportaba a estética punk característica dos comezos do grupo.
Cocreador e guitarrista de cancións como "La estatua del jardín botánico", é considerada unha das 200 cancións máis importantes do rock español. Velaí a tedes neste vídeo:
18/02/12
ENTROIDO NO MOSTEIRÓN
A festa de Entroido do Mosteirón foi un auténtico éxito de participación e orixinalidade. Os premios ás comparsas estiveron moi reñidos, pero ao final os gañadores foron os rapeiros de 4º ESO, o segundo premio caeu en 4º PDC coa comparsa do enterro de Don Celidonio e o terceiro na comida lixo de 3º PDC.
Fixemos moitas fotos, aquí tedes as da Esperela, pero no Édelingua hai máis...
17/02/12
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver
Amanda Seijo Rodríguez, 2º ESO C
Ariadna González Brandariz, 2º ESO C
El niño con el pijama de rayas, John Boyne
El libro está basado en el hecho real de los campos de concentración y de las diversas actividades que se hacían allí.
Una familia de nazis se muda cerca de un campo de concentración y el niño por curiosidad sale al monte a jugar, hasta que llega a la verja, donde se encuentra a otro niño de su misma edad, con el que juega todos lo días, hasta que un día hace un agujero para pasar al otro lado, para buscar al padre del niño judío que estaba en el campo de concentración. Cuando lo buscaban, los nazis los llevaron a darse "una ducha", mientras tanto los padres del otro niño lo buscaban, hasta que se dieron cuenta de que estaba allí dentro, pero cuando lo encontraron ya era tarde porque en vez de llevar a los niños a ducharse, los ejecutaban.
16/02/12
VISITA AO CGAC DO ALUMNADO DE 3º ESO
O alumnado de 3º de ESO viaxou a Santiago ao CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea, para ver a exposición de Jeff Wall: O carreiro sinuoso.
Aí tedes as fotos da visita:
LORENZO SILVA
Lorenzo Silva é un escritor de relatos, artículos e ensaios literarios, tamén de varias novelas que lle dan recoñecemento internacional (algunhas adaptadas ao cine). Con El alquimista impaciente obtivo o premio Nadal no ano 2000. Traballa como guionista cinematográfico e colabora en xornais, revistas e na radio.


No conxunto da súa obra inclúense, ademáis, as novelas dirixidas ao público xuvenil. A este grupo pertencen as lecturas que está a facer o alumnado de 2 de ESO, as dúas de tema amoroso :
Moi pronto estará de visita na Esperela!
15/02/12
ENRIQUE URQUIJO
Hoxe, o cantante madrileño Enrique Urquijo cumpriría 52 anos...
Enrique Urquijo naceu en Madrid o 15 de febreiro de 1960 e morreu aos 39 anos. Foi un compositor, cantante e guitarrista español. Formou parte dos grupos de Pop rock Tos, Los Secretos e Los Problemas. Está considerado como o cantante máis emblemático do movemento contracultural xurdido durante os primeiros anos da transición da España posfranquista e que pronto se converteu na movida madrileña, que se prolongaría até finais dos anos oitenta.
Neste vídeo podedes velo xunto a Los Secretos cantando un dos seus temas máis coñecidos, "Déjame".
Unha canción de desamor para esta semana dos namorados.
14/02/12
14 DE FEBREIRO (IV)
"Amor é todo o que hai, o que fai o mundo xirar, amor e só amor, non se pode negar. Non importa o que penses, non serás capaz de facer nada sen el".
14 DE FEBREIRO (III)
"Cada uno da lo que recibe
y luego recibe lo que da,
nada es más simple,
no hay otra norma:
nada se pierde,
todo se transforma".
Jorge Drexler ("Todo se transforma")
14 FEBREIRO (II)
Por una mirada, un mundo;
por una sonrisa, un cielo;
por un beso... yo no sé
qué te diera por un beso.
13/02/12
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA NA ESPERELA
Primeira. Os participantes presentarán fotografías orixinais e inéditas ‑e non premiadas noutros certames‑ coa temática do libro e a lectura.
Segunda. As fotos deberán levar un título e o nome d@ autor@. Cada un participará cun máximo de cinco fotos, todas co seu título.
Terceira. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón. O prazo de presentación abrirase o día 15 de febreiro e rematará o 9 de marzo de 2012.
Cuarta. As fotografías, co seu título, enviaranse por correo electrónico ao seguinte enderezo: aesperela@gmail.com ou entregaranse na biblioteca nun sobre co nome do autor e o título por fora.
Quinta. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro.
Sexta. As obras serán avaliadas polo equipo da Biblioteca A Esperela do IES O Mosteirón. Esta proclamará dúas fotografías gañadoras. Unha para o primeiro ciclo e outra para 2º ciclo e Bacharelato.
Sétima. O anuncio das fotos gañadoras do concurso farase o día 16 de marzo. Terá lugar na BIBLIOTECA A ESPERELA, no primeiro recreo.
Novena. A biblioteca resérvase o dereito a usar as fotos participantes no concurso.
Décima. A participación no certame implica a aceptación destas bases.
12/02/12
JULIO CORTÁZAR
Julio Cortázar, que morreu en París o 12 de febreiro de 1984 aos 70 anos, foi un escritor, tradutor e intelectual arxentino. Considéraselle un dos autores máis innovadores e orixinais do seu tempo, mestre do relato curto, a prosa poética e a narración breve en xeral, creador de importantes novelas que inauguraron unha nova forma de facer literatura no mundo hispano. Debido a que os contidos da súa obra transitan na fronteira entre o real e o fantástico, adoita ser posto en relación co Surrealismo. Viviu boa parte da súa vida en París, onde finalmente morreu. Neste vídeo podedes escoitalo recitar un poema, "Los amantes", co que comezamos esta semana de amor... |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















