A festa de Entroido do Mosteirón foi un auténtico éxito de participación e orixinalidade. Os premios ás comparsas estiveron moi reñidos, pero ao final os gañadores foron os rapeiros de 4º ESO, o segundo premio caeu en 4º PDC coa comparsa do enterro de Don Celidonio e o terceiro na comida lixo de 3º PDC.
Fixemos moitas fotos, aquí tedes as da Esperela, pero no Édelingua hai máis...
Que fotos tan chulas! Así non hai quen compita con este blog!
ResponderEliminar( É broma )
Parabéns aos gañadores e a todos os que participaron neste entroido tan divertido!
Grazas, Belén, eu non sei poñer eses efectos especiais...
ResponderEliminarPasámolo moi ben, aínda que ti non parabas de chorar... ;)
Los videos estan genial :)
EliminarSi, Pocahontas, encántanme as fotos do voso grupo. Lástima de premio... :(
ResponderEliminarOs entroidos son para pasalo ben entre todos e amosar unha parte de nós que non amosamos o resto do ano, non é así?
ResponderEliminarOs antigos alumnos do centro estamos moi orgullosos de que a esencia disto siga presente no noso centro, nun centro no que para os máis de nós foi o noso centro dende que eramos nenos e nenas ben pequeniños, neste centro aprendimos e moitas das veces tamén ensinamos.
Polas rúas rumorean que a festa deste ano 2014 será o 27 de febreiro en lugar do venres 28, e por iso non podemos ir a bicar as meixelas e agarrar as máns dos nosos antigos profesores...
Ao parecer xa non somos benvidos nas vosas celebracións, xa que sabedes que moitos dos institutos e universidades de arredor non teñen como ir o xoves.
É unha verdadera magoa xa que quizáis estemos a pagar xustos por pecadores...
Un bico é unha aperta dun ex-alumno que tiña moitas ganas de pasar con vosco un entroido máis.
Grazas polo comentario e sobre todo pola reflexión que aportas, bastante acertada en moitos aspectos, peron non cando afirmas que xa non sodes benvidos, sabes que non é certo. A decisión da data debese a que como ben dis é unha festa para o alumnado e polo tanto o centro decide o momento mais axeitado para celebrala.
ResponderEliminarMoito ánimo e sorte na túa andaina.