01/04/19

DÍA DAS ARTES GALEGAS

ORIENTACIÓN PROFESIONAL NA ESPERELA


Que satisfacción tan grande é recibir na Esperela os antigos alumnos! Hoxe tivemos a Clara e Javi, que falaron co noso alumnado de 4º da súa traxectoria persoal e profesional. Que interesante todo!! 


Mil grazas, queridos, por volver á vosa casa!!!!

29/03/19

27/03/19

ENTREGA DE PREMIOS NA ESPERELA


Hoxe entregamos na Esperela os Premios do 2º Trimestre ás Mellores Axendas Escolares e fixemos o sorteo do concurso Quen é quen? 
Canta emoción!! Parabéns para todas, especialmente para Paula Díaz, que levou dous premios!

26/03/19

VISITAMOS A BIBLIOTECA DE SADA



Hoxe, A Esperela tiña programada unha actividade para 2º ESO: a visita á Biblioteca Pública Municipal "Ramón Suárez Picallo". Fixémolo en dous grupos para poder aproveitala ben: coñecimos os fondos da biblioteca, a súa orde e colocación, os criterios de selección, a búsqueda online... Rematamos cunha sesión de contacontos (a adaptación dun texto de Álvaro Cunqueiro, Os outros feirantes) a cargo do actor Ramiro Neira. Unha visita ben completiña!!!
 

22/03/19

OUTRA DE ATRAPASOÑOS



Na sesión de hoxe dos Atrapasoños, o libro escollido foi Contos de estrelas, un libro de relatos de distintas culturas.

Tedes máis información no blog dos Atrapasoños!

21/03/19

DÍA DA POESÍA NA ESPERELA



O venres conmemoramos na Esperela o Día da Poesía coa poeta Yolanda Castaño. O alumnado de 3º e 4º de ESO gozou da actividade "A poesía non morde", unha charla distendida arredor do xénero poético, as súas claves, códigos e intencións. Rachando tópicos e prexuízos sobre a poesía.




MOITAS GRAZAS, YOLANDA!!

28/02/19

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O equipo da Esperela anda preparando unha actividade para o Día da Muller coa que coñeceremos un pouquiño da biografía de 50 mulleres valerosas. Estade atent@s!

26/02/19

TEMPO DE ENTROIDO

Nas versións máis ancestrais das suas orixes, o  Entroido formaría parte dos ritos vinculados ao inverno, concretamente á fin do frío máis rigoroso e á chegada da época propia para sementar e, segundo isto, a finalidade das máscaras sería a de espantar os malos espíritos das colleitas.
E é que o máis típico do Entroido, deixando á parte as comidas, é andar de carauta posta, chocallando e trangallando, é dicir, correndo o Entroido, procurando que non che caian uns lategazos ou unha presa de formigas. No Entroido permítese todo. 
Coñecedes estes sete personaxes? Aparicio, Charrúa, Peliqueiro, Pantalla, Choqueiro, Entroido e Meco.


23/02/19

80 ANIVERSARIO DA MORTE DE ANTONIO MACHADO

No oitenta aniversario do pasamento do poeta Antonio Machado, recuperamos unha actividade que fixemos hai tres anos en 4º de ESO:
O 22 de febreiro de 1939, Antonio Machado morría en Colliure (Francia), triste, canso e enfermo. Fuxía dunha guerra que remataba e que significaba a desaparición da República.
Cada ano, deposítanse nun buzón próximo á súa tumba as miles de cartas que en todos os idiomas chegan ao cemiterio de Collioure dirixidas a Don Antonio Machado. As flores acompáñano permanentemente, tamén as pedras. Simbolicamente, nós ofrecemos as pedras do noso camiño, lembrando así que, a pesar do horror, a poesía permanece e nos fai mellores.

ANTONIO MACHADO from Inés de Nieves Lamas on Vimeo.

22/02/19

DÍA DE ROSALÍA: LIBRE O MEU PENSAMENTO!



DO XIX AO XXI LIBRE O MEU PENSAMENTO!
Este foi o lema para conmemorar o Día de Rosalía. O alumnado de 3º ESO xuntouse na Esperela para lembrar a nosa poeta: lemos textos explicativos, recitamos poemas, escoitamos versións musicais e cantamos e desfrutamos da poesía. Grazas á colaboración ao piano de Juan e as pandeiretas de Andrea e Laura, os versos de Rosalía resoaron na Esperela.
Ao rematar todos levamos un agasallo: un libro e unha flor!

ATRAPASOÑOS PARA ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, como non, a nosa sesión de Atrapasoños foi adicada a Rosalía de Castro. Falamos da súa vida e obra e lemos algúns dos seus poemas. 
Foi ben bonito, Atrapasoños! Grazas pola vosa participación!
Tedes máis información no Blog dos Atrapasoños.