02/04/19
01/04/19
29/03/19
O ÚLTIMO ATRAPASOÑOS DE MARZO
O relato de hoxe leva como título Historia completamente absurda, e pertence ao escritor italiano Giovanni Papini.
27/03/19
26/03/19
VISITAMOS A BIBLIOTECA DE SADA
Hoxe, A Esperela tiña programada unha actividade para 2º ESO: a visita á Biblioteca Pública Municipal "Ramón Suárez Picallo". Fixémolo en dous grupos para poder aproveitala ben: coñecimos os fondos da biblioteca, a súa orde e colocación, os criterios de selección, a búsqueda online... Rematamos cunha sesión de contacontos (a adaptación dun texto de Álvaro Cunqueiro, Os outros feirantes) a cargo do actor Ramiro Neira. Unha visita ben completiña!!!
24/03/19
23/03/19
22/03/19
OUTRA DE ATRAPASOÑOS
21/03/19
DÍA DA POESÍA NA ESPERELA

O venres conmemoramos na Esperela o Día da Poesía coa poeta Yolanda Castaño. O alumnado de 3º e 4º de ESO gozou da actividade "A poesía non morde", unha charla distendida arredor do xénero poético, as súas claves, códigos e intencións. Rachando tópicos e prexuízos sobre a poesía.


MOITAS GRAZAS, YOLANDA!!
08/03/19
07/03/19
04/03/19
01/03/19
28/02/19
26/02/19
TEMPO DE ENTROIDO
Nas versións máis ancestrais das suas orixes, o Entroido formaría parte dos ritos vinculados ao inverno, concretamente á fin do frío máis rigoroso e á chegada da época propia para sementar e, segundo isto, a finalidade das máscaras sería a de espantar os malos espíritos das colleitas.
E é que o máis típico do Entroido, deixando á parte as comidas, é andar de carauta posta, chocallando e trangallando, é dicir, correndo o Entroido, procurando que non che caian uns lategazos ou unha presa de formigas. No Entroido permítese todo.
Coñecedes estes sete personaxes? Aparicio, Charrúa, Peliqueiro, Pantalla, Choqueiro, Entroido e Meco.
25/02/19
23/02/19
80 ANIVERSARIO DA MORTE DE ANTONIO MACHADO
No oitenta aniversario do pasamento do poeta Antonio Machado, recuperamos unha actividade que fixemos hai tres anos en 4º de ESO:
O 22 de febreiro de 1939, Antonio Machado morría en Colliure (Francia), triste, canso e enfermo. Fuxía dunha guerra que remataba e que significaba a desaparición da República.
Cada ano, deposítanse nun buzón próximo á súa tumba as miles de cartas que en todos os idiomas chegan ao cemiterio de Collioure dirixidas a Don Antonio Machado. As flores acompáñano permanentemente, tamén as pedras. Simbolicamente, nós ofrecemos as pedras do noso camiño, lembrando así que, a pesar do horror, a poesía permanece e nos fai mellores.
22/02/19
DÍA DE ROSALÍA: LIBRE O MEU PENSAMENTO!
DO XIX AO XXI LIBRE O MEU PENSAMENTO!
Este foi o lema para conmemorar o Día de Rosalía. O alumnado de 3º ESO xuntouse na Esperela para lembrar a nosa poeta: lemos textos explicativos, recitamos poemas, escoitamos versións musicais e cantamos e desfrutamos da poesía. Grazas á colaboración ao piano de Juan e as pandeiretas de Andrea e Laura, os versos de Rosalía resoaron na Esperela.
Ao rematar todos levamos un agasallo: un libro e unha flor!
ATRAPASOÑOS PARA ROSALÍA DE CASTRO
Hoxe, como non, a nosa sesión de Atrapasoños foi adicada a Rosalía de Castro. Falamos da súa vida e obra e lemos algúns dos seus poemas.
Foi ben bonito, Atrapasoños! Grazas pola vosa participación!
Tedes máis información no Blog dos Atrapasoños.
Tedes máis información no Blog dos Atrapasoños.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















