15/06/18
14/06/18
12/06/18
11/06/18
ENCONTROS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL
Hoxe rematamos os Encontros de Orientación Profesional deste curso coa mellor compañía. Sabela e Laura compartiron con nós as súas dúbidas e tamén as súas certezas. Elas son un exemplo claro de que o saber sempre suma, sempre abre portas.
As profesoras estamos moi emocionadas, aquelas nenas de hai uns anos non perderon a curiosidade nin o desexo de saber e de ensinar. Volven ao seu instituto con ilusión, coma quen volve a casa.
08/06/18
07/06/18
A ÚLTIMA DOS ATRAPASOÑOS
Hoxe tivemos a última sesión dos Atrapasoños deste curso. Reunimos os dous grupos, tomamos un almorzo e lemos entre todos uns microrrelatos. Que encontros tan agradables tivemos estes meses! Grazas a Belén por facelo posible!
06/06/18
05/06/18
04/06/18
ENCONTROS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL
A sesión de hoxe foi un auténtico pracer: os nosos profes, Clara e Javier, tiñan tanto que contar e ensinar, e tan interesante, que o tempo non chegou a nada... As bibliotecarias non podemos estar máis contentas e orgullosas!! Grazas outra vez!!!
AQUÍ tedes o canal de youtube de Javi.
03/06/18
02/06/18
01/06/18
31/05/18
HOXE, ATRAPASOÑOS
A lectura desta sesión dos Atrapasoños foi un relato pertencente ao libro Crónicas Marcianas, de Ray Bradbury. Hoxe, algunhas Atrapasoños maiores quixeron vir tamén, xa saben que queda pouco...
30/05/18
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















