16/11/11

DÍA INTERNACIONAL PARA A TOLERANCIA

Hoxe celébrase o Día Internacional para a Tolerancia, e nada mellor que os libros e as películas para recordar valores tan importantes como o respecto ás ideas, crenzas ou prácticas diferentes ás propias.
A nosa recomendación para este día é a novela gráfica Persépole, que podedes encontrar na Esperela. Persépole conta a historia dunha nena iraniana, dende a revolución islámica ata a actualidade. Comeza cando os fundamentalistas toman o poder obrigando as mulleres a usar veo e encadeando a milleiros de persoas...



2 comentarios: