19/11/11

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA


Por esta  obra en catalán Paraules emmetzinades (Palabras envelenadas), Maite Carranza ven de  recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil do Ministerio de Cultura. O premio entrégase para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante 2010.
A escritora catalana Maite Carranza (Barcelona, 1958) quería dar voz no seu libro Palabras envenenadas a "los que no tienen voz", aos nenos e mozos que son vítimas dos abusos sexuais e que están, por iso, "silenciados por la vergüenza, por el miedo, por su invisibilidad".
O libro é a primeira novela para adolescentes que trata de forma aberta o tema dos abusos sexuais infantís.


Na Esperela encontraredes desta autora, ademais de Palabras envelenadas, o libro Frena, Cándida, frena. Neste libro humorístico a autora fálanos de Cándida, unha rapaza de quince anos que quere comerse o mundo...

Ningún comentario:

Publicar un comentario