O escritor, humanista e economista José Luis Sampedro (Barcelona, 1917) foi galardoado hoxe co Premio Nacional de las Letras que concede o Ministerio de Cultura en recoñecemento á súa traxectoria literaria e ao conxunto da súa obra. Sampedro, académico da RAE dende 1990, é un dos referentes intelectuais e morais dos indignados do movemento 15-M, o que popularizou enormemente a súa figura neste ano xa que prologou a versión en castelán do célebre libro Indignádevos, do diplomático francés Stéphane Hessel.
O premio non pode ser máis merecido, parabéns!
Que mente tan lúcida a de Sampedro!
ResponderEliminarUn intelectual do lado dos desfavorecidos, sempre con entusiasmo, sempre próximo , un deses que fan tanta falta...
Sen dúbida, Belén, unha voz imprescindible!
ResponderEliminarNoraboa Jose Luis Sampedro e noraboa tamén A esperela por este blog!!!
ResponderEliminarMoitas grazas, Anónimo! Sampedro merece todos os premios!
ResponderEliminarUn economista que defende o rostro humano da economía, sempre dende a forza da palabra. UN PREMIO PARA UN AUTOR QUE NON SE RINDE.
ResponderEliminar