12/12/11

PAULA CARBALLEIRA





A escritora, directora e actriz Paula Carballeira acaba de recibir, por segunda vez, o premio Manuel María de literatura dramática infantil polo seu libro O refugallo, no que a autora, que afirma que vai empregar os cartos do premio en novos proxectos para a súa compañía teatral Berrobambán, fala "do que se prescinde e se tira, como pode ser a cultura ou o teatro nestes tempos...que se reconstrúe a través da capacidade que teñen os nenos de imaxinar". 




Paula Carballeira (Fene, 1972) dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral dende o ano 1994 e é autora de numerosos títulos de literatura infantil e xuvenil en galego, como Smara, Olo-iepu-iepu, Boas noites...
É membro da compañía Berrobambán dende 1996, pero tamén desenvolve a súa traxectoria como actriz e directora noutras compañías, como o Centro Dramático Galego, Talía Teatro ou Magrinyana
Paula traballa tamén como contadora de contos e actriz en diferentes series e espazos da TVG e como colaboradora na Radio Galega.

2 comentarios:

  1. Belén8:32 p.m.

    Alégrome moito do premio para Paula Carballeira. É tan divertida!

    ResponderEliminar
  2. Coñezo a Paula como contacontos e actriz e si, é divertidísima! Algunha vez falamos de traela ao insti, verdade?

    ResponderEliminar