O Ministerio de Educación vén de comunicarlle á Consellería de Educación que no Concurso Nacional de boas prácticas na xestión e dinamización das bibliotecas escolares, correspondente ao ano 2011, acadaron galardón seis bibliotecas escolares desta comunidade. Por segundo ano consecutivo, o primeiro premio na modalidade de ensino infantil e primario é para un centro galego. Velaquí a relación de centros premiados:
- Modalidade A (centros de ensino infantil, primaria, educ. especial e educ. de adultos):
- 1º premio: CEIP A LAMA (A Lama, Pontevedra)
- 2º premio: CEIP CONDESA DE FENOSA (O Barco, Ourense)
- 3º premio: CRA DE RIBADUMIA (Ribadumia, Pontevedra)
Modalidade B (centros de ensino secundario, form. profesional, ensinanzas artísticas...)- 3º premio: IES DE CELANOVA (Celanova, Ourense)
- 3º premio: IES ALEXANDRE BÓVEDA (Vigo, Pontevedra)
Parabéns ás comunidades educativas destes centros polo esforzo realizado, e polo recoñecemento que estes premios supoñen á profesionalidade e o compromiso do profesorado que pon en marcha e mantén estas bibliotecas, estes espazos educativos de primeiro nivel. As nenas e os nenos que se forman nelas como lectores e como cidadáns, ben o merecen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario