04/12/11

PREMIO IBEROAMERICANO PARA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ



O escritor Agustín Fernández Paz, autor das novelas Aire negro, As flores radiactivas, Cartas de inverno e Corredores de sombra, entre outros títulos, foi galardoado o pasado 29 de novembro co VII Premio Iberoamericano SM de Literatura   Infantil e Xuvenil "polo seu compromiso cos valores humanos universais e o seu papel determinante na construción dunha literatura infantil e xuvenil   en lingua galega". 
Podedes ler aquí o emotivo discurso que pronunciou, Ler para transformar o mundo.

Nacido en Vilalba en 1947, Agustín Fernández Paz é autor de máis de 45 obras dirixidas aos lectores infantís e xuvenís. Os seus libros, escritos orixinalmente en galego, tradúcense ao español, o catalán e o eúscaro, ademais do coreano, o portugués, o francés, o árabe e o italiano.

Fernández Paz foi recoñecido en dúas ocasións como Mellor Autor do Ano. Tamén obtivo o Premio ao Mellor Libro Infantil do Ano que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega. O seu libro O único que queda é o amor obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que concede o Ministerio de Cultura.
   
Na Esperela aínda lembramos a súa visita hai tres anos...


Se queres coñecer mellor a súa obra, pasa pola Esperela
PARABÉNS, AGUSTÍN!!!!!!

6 comentarios:

  1. Brasuka11:00 p.m.

    Aire negro y As flores radiactivas muy buenos libros ;)

    ResponderEliminar
  2. Si, Brasuka, moi bos. Pasa pola Esperela se queres ler algo máis de Agustín F. Paz para o nadal. :))

    ResponderEliminar
  3. Belén1:52 p.m.

    Que bos recordos ao ver estas fotos! Foi unha actividade ben bonita e unha delicia ter connosco Agustín, sempre tan cordial e cercano.
    É un premio ben merecido por unha traxectoria impecable.
    Cambiando de tema, o blog ten cambios moi beneficiosos ; está moi ben poder buscar así as recomendacións semanais.
    Tamén me gustou ver o logo do EDLG. Grazas Inés.

    ResponderEliminar
  4. Pois si, eu tamén recordo a visita de Agustín con moito cariño. Creouse un ambiente moi especial, o alumnado estaba feliz e el encantado, mandoume un correo dándonos as grazas por acollelo tan ben e pedíndome as fotos da sesión. Foi un día máxico.
    E si, estou cambiando cousiñas do blog, poñendo máis imaxes para que sexa máis doado e atractivo...

    ResponderEliminar
  5. Pablo Diaz4:44 p.m.

    Como me lembro desta visita! Un dos meus autores de referencia, xa non só en lingua galega!

    ResponderEliminar
  6. Si, Pablo, foi unha visita inesquecible. Agustín F. Paz deixou pegada no noso insti...

    ResponderEliminar