04/01/12

ANO CELSO EMILIO FERREIRO


Tal día coma hoxe, hai cen anos, nacía en Celanova Celso Emilio Ferreiro. Era o 4 de xaneiro de 1912 e o poeta vía a luz na vila que posteriormente sería un dos eixos que guiaron a súa obra literaria. Cen anos despois, esa obra literaria é un referente inexcusable para a literatura galega, que hoxe non sería interpretable sen a figura enorme e simbólica de Celso Emilio.  
Este ano, con motivo do centenario, o Parlamento Galego declarou, por unanimidade, o 2012 como Ano Celso Emilio Ferreiro, con actividades e celebracións especiais dedicadas a conmemorar a figura do escritor celanovés. Hoxe por hoxe, a figura de Celso Emilio Ferreiro sobrepasa o peso da súa propia obra literaria para se converter nun emblema vivo e vital da cultura galega.

No seguinte vídeo, Luar na lubre pon música ao seu poema "María Soliña", no que amosa a dor desta muller, condenada en 1680 polo tribunal da Inquisición acusada de practicar bruxaría...


2 comentarios:

  1. Anónimo11:19 p.m.

    o sono sulagado, longa noite de pedra, celso emilio ferreiro foi un dos meus millores acompañantes nos anos do meu bup e cou...

    ResponderEliminar
  2. Que tempos, Anónimo, que tempos... ;)

    ResponderEliminar