05/01/12

ISAAC DÍAZ PARDO


A morte sorprendía a Isaac Díaz Pardo esta mañá aos 91 anos de idade na Coruña. O histórico galeguista, artista, industrial, empresario e activista cultural estaba ingresado no hospital San Rafael da Coruña a se recuperar dunha pulmonía. 
Co seu falecemento remata unha das traxectorias vitais máis importantes para entendermos o galeguismo e a evolución do país ao longo dos últimos cen anos. 
Vía Cultura Galega.
No seguinte vídeo veredes as súas reflexións sobre a súa propia historia.



4 comentarios:

  1. A morte de Isaac Díaz Pardo deixa un baleiro moi grande . Choverán homenaxes, incluso dos que o deixaron cunha man diante e outra detrás e desvirtuaron o significado do seu proxecto cultural e industrial .
    Morreu unha das últimas persoas que nos podían falar de Castelao por telo coñecido .
    Sada en especial ,queda sen un persoeiro fundamental na súa historia.

    ResponderEliminar
  2. É un día triste, Belén. O noso departamento queda orfo.

    ResponderEliminar
  3. Tamara Paredes10:27 p.m.

    Unha gran perda.O peor é que o baleiro cada vez aumenta....

    ResponderEliminar
  4. Pois si, Tamara, a sensación é que quedamos sen referentes, que desaparecen os grandes e queda a mediocridade...

    ResponderEliminar