Na Esperela tedes esta adaptación da película do mesmo nome. Chico & Rita é unha novela gráfica resultado do difícil traballo de facer unha adaptación á inversa. Este é un libro que xorde polo éxito da película.
Na Cuba de finais dos anos 40, Chico e Rita inician unha apaixonada historia de amor. Chico é un mozo pianista namorado do Jazz e Rita soña con ser unha gran cantante.
Dende a noite en que se coñecen nun baile na Habana, a vida vainos unindo e separando coma personaxes dun bolero.
A película, dirixida por Fernando Trueba e o debuxante Javier Mariscal, gañou moitos premios europeos e opta este ano a un Óscar como mellor filme de animación. A música, fundamental, é de Bebo Valdés.
Buscádeo na Esperela!
Buscaremos , buscaremos...
ResponderEliminarGrazas, Belén, por visitar o noso blog! ;))
ResponderEliminarA película é preciosa, unha historia de amor de moitos anos, os debuxos en movemento, a música, paga a pena verla. Paréceme increible que debuxos tas sinxelos poidan trasmitir tanta forza e tanto sentimiento. Petición: para cando a peli na biblioteca?
ResponderEliminarPois esperemos que leve o Óscar!
ResponderEliminarA peli tamén chegará a Esperela, seguro! :)