SEMANA DA PAZ
Na Esperela, coincidindo co 64 aniversario da morte de Mahatma Gandhi, celebraremos a semana da paz do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro.
As actividades que temos preparadas son as seguintes:
As actividades que temos preparadas son as seguintes:
- O luns día 30, no recreo das 12:10, proxectaremos na biblioteca o documental "A ilha das flores", un acedo e divertido retrato da mecánica da sociedade de consumo.
- E ti que dis? No recibidor do instituto faremos unha exposición de frases célebres sobre a paz. Le sobre a paz e escribe ti tamén a túa frase.
- En todos os períodos da nosa "Hora de ler" da vindeira semana, farase a Lectura de textos relacionados coa paz.
- Realizarase nos recreos un obradoiro de decoración de paraugas, paraugas pola paz, que expoñeremos despois no recibidor do Instituto.
- Na Esperela tedes unha selección de libros e películas sobre a paz. Non deixedes de velas. Pagan a pena.
La violencia es el miedo a los ideales de los demás.
ResponderEliminarMahatma Gandhi
Grazas, Tamara!
ResponderEliminarHai que participar sen dúbida. A paz é un ben imprescindible, co que non podemos permitir que xogue ninguén por moi poderoso que sexa.
ResponderEliminarToda a razón, Belén...
ResponderEliminarhttp://4.bp.blogspot.com/_Py3HvoKhRTk/S8nys0SJJkI/AAAAAAAAFtQ/MM_1C-1afTY/s1600/xaquin.jpg
"La paz comienza con una sonrisa". Lo dijo la Madre Teresa de Calcuta.
ResponderEliminarEsa é unha das frases que podes poñer no caderno de citas sobre a paz. Grazas.
ResponderEliminarSempre lembro unha frase do escritor estadounidense de ciencia ficción Isaac Asimov, no seu libro FUNDACIÓN (moi recomendable, por certo):
ResponderEliminar"A violencia é o último recurso do incompetente"
E a ver se me entra este enlace http://youtu.be/zmoNMpwW_iA
Exelente traballo, compañeir@s. Parabéns.
Moitas grazas polos ánimos e polas recomendacións ;)
ResponderEliminar