31/01/12

IRMÁNS

De  Longa noite de pedra (1962), seleccionamos para a semana da paz este poema de Celso Emilio Ferreiro, "Irmáns", musicado neste vídeo polo grupo folk  Fuxan os ventos...


Camiñan ó meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estraños.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Se é túa a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son iguais,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e ti negro e eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos soños son iguais,
coma un irmau che falo.
Común témos a patria,
común a loita, ambos,
a miña man che dou,
coma un irmáu che falo.

4 comentarios:

  1. Belén3:15 p.m.

    Este poema ten moita forza e aínda gaña máis coa versión de Fuxan os Ventos. Era unha opción que pensábamos poñer en Édelingua para esta semana da paz. Vese que Esperela e Édelingua comparten sensibilidades.

    ResponderEliminar
  2. Que bonito iso que dis, Belén.
    Que penses que compartimos sensibilidades é, para nós, todo un piropo :)

    ResponderEliminar
  3. Grazas por presentar esta versión, boísima.
    Procurando un enlace para o tema de Bob Dylan "Blowing in the wind" interpretadopor Joan Baez e subtitulado, atopei outra versión que ven cun video no que vemos a Mandela, Teresa de Calcuta ou Ghandi. Tamén a fermosa canción "Hiroshima", de Georges Moustaki. Espero que disfrutedes e "tiredes do fío" en youtube.
    http://youtu.be/-9PFD7RrXhc
    http://youtu.be/x-O_OM9UsKs
    http://youtu.be/sHrB4QWKscc

    ah! E Juanes!!!!!!!!!!!

    http://youtu.be/oEaqEXMZGQw

    ResponderEliminar
  4. Uf, canta información! Moitas grazas polas túas achegas, todas ben interesantes :)

    ResponderEliminar