21/01/12

REBELIÓN NA GRANXA

Rebelión na granxa (Animal Farm) é unha novela satírica do escritor británico George Orwell (que morreu un 21 de xaneiro de hai 62 anos). A novela conta a historia dun grupo de animais nunha granxa que expulsan os humanos e crean un sistema de goberno propio que acaba por converterse nunha tiranía brutal. A novela foi escrita durante a Segunda Guerra Mundial e, aínda que foi publicada en 1945, non comezou a ser coñecida polo público ata finais dos anos 50. Rebelión na granxa constitúe unha sátira sobre a corrupción do socialismo soviético nos tempos de Stalin. É unha obra fundamental para comprender a corrupción que vén do poder absoluto.
Na Esperela temos a edición ilustrada de Libros del Zorro Rojo. O texto e as ilustracións pagan a pena, xa veredes...


2 comentarios:

  1. É un grande libro o de Orwel e a versión ilustrada faino aínda máis apetecible.

    ResponderEliminar
  2. E moi recomendable para os tempos que corren, non?

    ResponderEliminar