18/02/12

ENTROIDO NO MOSTEIRÓN

A festa de Entroido do Mosteirón foi un auténtico éxito de participación e orixinalidade. Os premios ás comparsas estiveron moi reñidos, pero ao final os gañadores foron os rapeiros de 4º ESO, o segundo premio caeu en 4º PDC coa comparsa do enterro de Don Celidonio e o terceiro na comida lixo de 3º PDC.
Fixemos moitas fotos, aquí tedes as da Esperela, pero no Édelingua hai máis...





6 comentarios:

  1. Que fotos tan chulas! Así non hai quen compita con este blog!
    ( É broma )
    Parabéns aos gañadores e a todos os que participaron neste entroido tan divertido!

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Belén, eu non sei poñer eses efectos especiais...
    Pasámolo moi ben, aínda que ti non parabas de chorar... ;)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pocahontas7:31 p.m.

      Los videos estan genial :)

      Eliminar
  3. Si, Pocahontas, encántanme as fotos do voso grupo. Lástima de premio... :(

    ResponderEliminar
  4. Ex-alumno do I.E.S O Mosteirón.10:14 a.m.

    Os entroidos son para pasalo ben entre todos e amosar unha parte de nós que non amosamos o resto do ano, non é así?
    Os antigos alumnos do centro estamos moi orgullosos de que a esencia disto siga presente no noso centro, nun centro no que para os máis de nós foi o noso centro dende que eramos nenos e nenas ben pequeniños, neste centro aprendimos e moitas das veces tamén ensinamos.
    Polas rúas rumorean que a festa deste ano 2014 será o 27 de febreiro en lugar do venres 28, e por iso non podemos ir a bicar as meixelas e agarrar as máns dos nosos antigos profesores...
    Ao parecer xa non somos benvidos nas vosas celebracións, xa que sabedes que moitos dos institutos e universidades de arredor non teñen como ir o xoves.
    É unha verdadera magoa xa que quizáis estemos a pagar xustos por pecadores...
    Un bico é unha aperta dun ex-alumno que tiña moitas ganas de pasar con vosco un entroido máis.

    ResponderEliminar
  5. Grazas polo comentario e sobre todo pola reflexión que aportas, bastante acertada en moitos aspectos, peron non cando afirmas que xa non sodes benvidos, sabes que non é certo. A decisión da data debese a que como ben dis é unha festa para o alumnado e polo tanto o centro decide o momento mais axeitado para celebrala.
    Moito ánimo e sorte na túa andaina.

    ResponderEliminar