19/02/12

MORRE O GUITARRISTA ENRIQUE SIERRA


Este 17 de febreiro morreu Enrique Sierra, guitarrista, produtor e compositor español. Foi protagonista da Movida Madrileña e cofundador de Kaka de Luxe e do mítico grupo Radio Futura, no que aportaba a estética punk característica dos comezos do grupo.
Cocreador e guitarrista de cancións como "La estatua del jardín botánico", é considerada unha das 200 cancións máis importantes do rock español. Velaí a tedes neste vídeo:


Non vos perdades outras cancións como "Escuela de calor", "La negra flor" ou
    "Veneno en la piel".

4 comentarios:

  1. Radio Futura foi un dos meus grupos favoritos. A verdade é que parece que moitos daqueles músicos dos 80 estivesen predestinados a morrer prematuramente .Que mágoa e que nostalxia !

    ResponderEliminar
  2. Si, levamos un tempo que non paramos de nomear artistas dos 80 desaparecidos. Que racha!

    ResponderEliminar
  3. Non eran "dos meus", que daquela andaba eu más cos heavies, pero este tema, precisamente levoume a eles. Xente talentosa...e unha década na as drogas estragaron moitos mozos e mozas...
    Hoxe, pasados os 50 anos, Santiago Auserón (artísticamente Juan Perro) segue a ser un portento poético-musical.
    Descanse Enrique na nosa memoria.

    ResponderEliminar
  4. Sen dúbida un grupo que marcou unha época.
    Grazas, Elisa, por visitar A Esperela.

    ResponderEliminar