11/04/12

ÉDELINGUA: GAÑADORA DO CONCURSO DE VÍDEOS DO CORRELINGUA 2012


Onte recibimos no instituto unha moi boa nova: Édelingua Producións Audiovisuais, a produtora do noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega, gañou o primeiro premio do concurso de vídeos do Correlingua 2012.
É unha gran satisfacción que esta produtora, formada por alumnado e profesorado do equipo, e que tantas satisfaccións nos da, vexa así recoñecido o seu traballo e esforzo. Felicitamos a tod@s @s integrantes do equipo, especialmente a Javier González, de segundo de bacharelato, o noso cámara e director.
PARABÉNS!


Se queredes ver outros vídeos da produtora e saber máis deste premio, 
visitade o blog do Édelingua.

16 comentarios:

  1. Estamos todos moi orgullosos e contentiños/as!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non é para menos, Belén. Sodes un gran equipo!

      Eliminar
  2. Non era sen tempo que se recoñecera o gran traballo que se está a facer no EDLG
    Grazas polos "cortos-grandes" momentos que nós facedes pasar.
    PARABÉNS

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Un premio moi merecido, ramapama :)

      Eliminar
  3. Precioso! estupendo! sen palabras! saudiños desde picarexadas, blogue de infantil.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Tania, estamos moi orgullos@s!

      Eliminar
  4. Parabéns, parabéns, parabéns.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, grazas, grazas, Antonio!

      Eliminar
  5. Parabéns dende o IES de Ponteceso.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas, IES de Ponteceso!

      Eliminar
  6. Parabéns por buscar en galego e atopar este merecido premio a un vídeo orixinal e ben realizado.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, Beni, a verdade é que é un premio merecido. Temos un alumnado moi talentoso!

      Eliminar
  7. Parabéns dende os veciños do CEIP O Mosteirón! Ben merecido, bo traballo!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas, compañeiros, polas felicitacións e pola visita á nosa Esperela!

      Eliminar
  8. Bravo!! un traballo moi profesional e que transmite moito sentimento! emociona e todo! parabéns a todos os que o fixeron posible. Premio moi merecido. Grazas por compartilo. :-))

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É que son uns profesionais! No blog do Édelingua están todos os seus traballos, mira e verás...
      Grazas a ti, Sabela, por visitar a nosa Esperela! ;)

      Eliminar