17/05/12

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Os galegos celebramos hoxe o día grande da nosa literatura, o Día das Letras Galegas. Como xa sabedes, este ano o escritor homenaxeado é o avogado, xornalista, político, empresario e poeta Valentín Paz Andrade. 
No instituto temos carteis, proxección de vídeos e durante a semana pasada unha exposición itinerante de paneis con pantallas integradas e videoproxección.


A Esperela ten unha páxina con recursos, información e actividades 
adicadas a este autor. 

2 comentarios:

  1. Belén5:34 p.m.

    Moito me gustou o enlace ao que nos mandas sobre Valentín Paz Andrade. Cando o neto fala do avó. Non o lera aínda e resultoume emotiva esa perspectiva de cando neno.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sempre é emocionante ler as opinións da familia, e máis se son os recordos dun neno.

      Eliminar