24/05/12

EXPOTAKU 2012 A CORUÑA


Esta fin de semana, días 25, 26 e 27 de maio, celébrase en ExpoCoruña a terceira edición de ExpOtaku 2012 A Coruña. Trátase dun evento lúdico cultural onde os videoxogos, o cómic e a cultura xaponesa son os protagonistas.
Ao longo destes tres días, os asistentes poderán disfrutar de máis de cen actividades que inclúen, entre outras moitas cousas, exposicións, concertos, conferencias, un ciclo de cine asiático e un concurso de cosplay no que se premia ao gañador cunha viaxe á Japan Expo de París.
Este ano ademais coincide coa celebración do 35 aniversario de Star Wars, que será dinamizada por Tropa Korriban, e a celebración conxunta de ExpOtaku coa XIX edición da Arroutada

6 comentarios:

  1. Anónimo9:41 p.m.

    A isto si que poderei ir non?, ou son demasiado alegre?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, na Expotaku canto máis alegre mellor! :D

      Eliminar
  2. Anónimo11:56 p.m.

    qué chulada, eu teño unha sobriña que non o perde nin por canto hai!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois eu tamén penso ir, Anónimo!

      Eliminar
  3. Eu fun o Sábado e estivo xenial.Pareceume que desaproveitaron bastante o recinto pero sen contar este inconvinte pareceume unha visita que valeu a pena.
    O ANO QUE VEN REPITO!:-)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Concordo na túa apreciación. Eu fun o domingo e paseino bárbaro! Xa fun o ano pasado e volvo o próximo...

      Eliminar