07/06/12

ADEUS, RAY BRADBURY

Onte morreu, aos 91 anos, o autor estadounidense Ray Bradbury, creador de obras tan recoñecidas como Crónicas marcianas (1950) ou Fahrenheit 451 (1953). Nesta última, cuxo título fai referencia á temperatura necesaria para facer arder os libros, Bradbury describe unha civilización occidental escravizada polos medios de comunicación, os tranquilizantes e o conformismo, na que o corpo de bombeiros rastrea e elimina os disidentes que conservan e len libros. Ante esta situación, créanse organizacións de lectores que pretenden manter viva a memoria, recordando cada un un libro para transmitilos oralmente ata que chegue un día en que se poidan volver a imprimir e distribuír e que o coñecemento supere á ignorancia.


Homenaxeando e recordando a Bradbury, preguntámosvos:
 Ti, que libro salvarías do lume?

11 comentarios:

  1. Anónimo5:37 p.m.

    É complicado, gustaríame salvar moitos, pero se só puidera escoller un, quedaríame con "1984" de George Orwell

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi boa elección, Anónimo!
      Grazas pola túa visita e participación :)

      Eliminar
  2. Uf, que difícil é escoller un único libro!
    Creo que eu salvaría "La mujer rota", de SImone de Beauvoir, non só polo seu contido, senon tamén polas connotacións que ten para min...

    ResponderEliminar
  3. Pois a min tamén me resulta case imposible escoller un só libro. Quizais polo seu valor simbólico escollería o " Sempre en Galicia", pero é un pouco tópico sendo profe de galego non? . Hai moitos libros tan bos...
    Gústame moito ler relatos, case máis que novelas, e Julio Cortázar sería sen dúbida un que habería que salvar , Ferrín outro, tamén Quim Monzó e Edgar Allan Poe e Castelao...
    Vou escoller hoxe ( se cadra outro día inclinaría a balanza por outro ) e vou dicir un libro que acabo de reler cos arapaces de 4º de ESO: "Vento ferido" de Carlos Casares.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E Lorca, e Lope, e Manuel Rivas, e Lois Pereiro, e Benedetti, e Vargas Llosa...
      Grazas, Belén :))

      Eliminar
  4. Eu salvaría os libros que quedan por escribir! Dos xa escritos... Salvaría do lume os de poesía. Fan moita falta, non somos conscientes da importancia dos versos... Dos libres e dos outros. A Lorca haberia que sacalo o primeiro da lumerada!:-)

    ResponderEliminar
  5. Anónimo4:13 p.m.

    Como no,sin duda La mujer rota. Ya se que es dificilísimo y casi imposible
    semejante elección pero hay épocas y libros que te marcan para siempre.....

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Coincidimos, Anónimo! Alégrome! ;)

      Eliminar
  6. Anónimo8:41 p.m.

    Por cierto,además de La mujer rota,Le petit prince.Otra vuelta al pasado y a la nostalgia...
    Y una película y una canción?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É certo, "Le petit prince" é un libro ben nostálxico...
      Tomo nota da idea da película e a canción. Grazas, Anónimo ;)

      Eliminar