06/06/12

OLIVER LAXE NO MOSTEIRÓN


Fillo de emigrantes galegos, Oliver Laxe naceu en París no 1982. 
Con oito anos regresa coa súa familia a Galicia e instálanse na Coruña.
Despois de estudar cine en Barcelona, marcha a Londres, onde realiza en 2006 a súa primeira curtametraxe, "Y las chimeneas decidieron escapar". Dende o 2006 reside en Tánxer, Marrocos, onde realiza máis traballos cos que obtén 
diferentes premios en mostras de arte e festivais de cine.
Na actualidade, traballa nun obradoiro de cine para nenos da rúa, un proxecto en colaboración coa Cinématheque de Tanxer, a primeira filmoteca de África. Desta experiencia xorde a súa primeira longametraxe, "Todos vós sodes capitáns", coa que gaña varios premios, sendo o máis destacado o outorgado pola 
Fipresci en Cannes, en 2010.


En xuño teremos a Oliver Laxe no Mosteirón!

4 comentarios:

  1. Anónimo6:01 p.m.

    Pois qué sorte, non?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moita!! Estamos moi emocionad@s! :)

      Eliminar
  2. Si que vai seu un acontecemento como veña! Que estupendo!

    ResponderEliminar