21/02/17

BENVIDA, ANDREA MACEIRAS!!


Hoxe A Esperela estivo de festa. Veu de visita Andrea Maceiras, a autora de Europa Express, para falar co alumnado de cuarto, que rematou estes días o seu libro. 
A verdade é que dá gusto contar con autoras como Andrea, que coa súa visita regalan unha oportunidade única para achegar os rapaces á literatura e compartir experiencias, lecturas e opinións. 
O alumnado quedou moi contento. As profesoras, máis. 
Grazas, Andrea!!

FALAMOS CON ANDREA MACEIRAS on PhotoPeach

2 comentarios:

  1. Que chula a presentación fotográfica e que apropiado o tema musical!
    A verdade é que si, que foi unha actividade ben bonita.

    ResponderEliminar
  2. Hahahaha o tema musical vai perfecto, si! Parabéns outra vez pola organización! ;)

    ResponderEliminar