17/01/12

QUE SON OS ANAGRAMAS?



Sabedes que son os ANAGRAMAS
Un anagrama (do grego ana, novo, e gramma, letra) é unha palabra ou frase que resulta da distinta combinación de letras doutra palabra ou frase. Por exemplo: 

AMOR-ROMA-OMAR-MORA-RAMO-ARMO
Nicanor Parra: “Narrar no pica”
Gabriela Mistral: “Abriga mil letras” 
Miguel de Cervantes: “Dícese vulgarmente”
ESPONXA-XAPONÉS

Como vedes, as palabras conteñen as mesmas letras, coa mesma cantidade de aparicións, pero nunha orde diferente. Este procedemento emprégase en xogos de palabras e na formación de pseudónimos.
Mirade algúns exemplos curiosos:
Nun episodio dos Simpson, Homer ten un amigo chamado Ray Magini. Lisa descubre logo que ese nome é un anagrama para Imaginary (que quere dicir Imaxinario en inglés)
Na serie House, o nome do doutor Gregory House é un anagrama que significa "Huge ego, sorry" (demasiado ego, desculpe)
Nesta páxina encontraredes moitos xogos con anagramas, xa veredes que curiosos...
Se queredes, podedes poñer aquí o voso nome e apelidos para ver que anagramas saen, seguro que levades algunha sorpresa...

18 comentarios:

  1. Belén8:53 p.m.

    Isto dos anagramas é superentretido e divertido.
    Grazas Inés.

    ResponderEliminar
  2. Belén, saquei a idea de Gonzalo Navaza...
    É moi interesante para usar na aula, verdade?

    ResponderEliminar
  3. Anónimo12:12 a.m.

    está chulíiiiiiisimo!
    lo dice una mesiánica velluda...

    ResponderEliminar
  4. Si, mesiánica, eu son "desnivel me asesina"... ;)

    ResponderEliminar
  5. Preocúpanme os poderes adivinatorios/definitorios destes anagramas. Asinado: garganta merecida

    ResponderEliminar
  6. Xa ves, Marta, nin sequera os nomes son arbitrarios... ;)

    ResponderEliminar
  7. Pues pobre mi hermana, desgracia regente...

    ResponderEliminar
  8. Pocahontas6:56 p.m.

    Inés esto es imposible, he probado hasta 300 anagramas y ninguno me tiene sentido. Me sale siempre Stand y palabras raras..
    Los anagramas y mi nombre no se llevan bien.

    ResponderEliminar
  9. Candela Costa Candal: Tendal da caca con sal ;))

    ResponderEliminar
  10. Pocahontas7:14 p.m.

    Claro, seguro que fuiste a elegir el de la caca a proposito :(
    Aún encima te ries de mi por lo pasillos, ya te asesinará el desnivel. jajaja

    ResponderEliminar
  11. Ese desnivel xa o intentou...
    Que queres que faga, se sae caca... ;)

    ResponderEliminar
  12. Admirador del blog de Inés9:22 p.m.

    Inés este es mi anagrama:
    Narrador momia a.
    Averigua quien soy.
    jajajaja

    ResponderEliminar
  13. Pode ser... Adrián Moar Amor!!!! :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Casillas7:53 p.m.

      pode ser, pero quen sabe!!! jajaja
      mi hermano dijo que este blog le encantaba y yo le dije- hombre lo hizo Inés. JAJAJA ;)

      Eliminar
  14. Moi bo gusto ten o teu irmán, Casillas!
    Dalle as grazas de parte da Esperela.

    ResponderEliminar
  15. Anónimo3:57 p.m.

    Inés mi anagrama es:Sopladores pecar ski a. ¿Quién soy?

    ResponderEliminar
  16. Será, será...Pedro Raíces Sopalska???
    Jejejeje

    ResponderEliminar