03/02/12

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver


Daniel Prats González, 2º ESO C
Rapazas, Agustín Fernández Paz

Este é un libro co que realmente disfrutei da lectura. É un libro que nos conta diversas historias, pero sempre teñen unha rapaza como protagonista.
Atoparás nel seis historias totalmente diferentes unha de outra, persoalmente a min a que máis me gustou foi A primeira meta.
Trata de Mariña, unha nena cuxa paixón é correr. Ten unha carreira e só lle faltan 300 metros para chegar. A súa amiga recorda vivencias que tivo con ela, por exemplo a primeira vez que tiveron clase de Educación Física xuntas. Preguntoulle o profesor: "-E a ti, que deporte te gusta practicar? -A min? a min encántame correr". A súa nai non estaba moi dacordo con ela, porque dicía que correr era un deporte de nenos. Xa se estaba aproximando á meta, había moita xente na liña de chegada. Mariña vai nas primeiras posicións xunto a tres rapazas, pero iso a ela dalle o mesmo, imprímelle forza ás súas pernas e dase conta de que as rapazas están detrás dela, e a meta está cada vez máis preto e... Mariña Louzao é a gañadora da carreira!
Bueno, a min paréceme un libro fantástico e espero que teñades a mesma sorte que tiven eu e o poidades ler, por iso volo recomendo a todos e desexo que o pasedes tan ben como o pasei eu.

3 comentarios:

  1. Daniel, moitas grazas por participar no noso fotolibro cunha recomendación tan interesante e dun autor tan querido!

    ResponderEliminar
  2. Inés mira este video, esta moi ben!!
    http://www.youtube.com/watch?v=N7P2ExRF3GQ

    ResponderEliminar
  3. Anonimit@7, xa coñecía o vídeo e si que está moi ben, de feito merquei para min ese cómic... ;)

    ResponderEliminar