20/01/12

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver

 
Pietro Pagliarini Goulart, 3º ESO B
Barrio lejano, Jiro Taniguchi
Barrio lejano, un cómic que no me atrajo mucho la atención cuando lo cogí para leer, pero a cada página que leía me interesaba más y más.
Algo raro le pasa a un hombre de 48 años que de manera equivocada coge un tren para el pueblo donde pasó sus primeros años. Este hombre, sin saber por qué, va al templo que hay en el pueblo y de alguna forma inexplicable él vuelve a ser un adolescente, vuelve a vivir una etapa de su vida que ya vivió, pero esta vez observa con otros ojos la experiencia ya vivida.
Me parece que este cómic intenta decir que los hechos, hechos están...ya no los puedes cambiar una vez que se hicieron, ni pudiendo vivirlos una segunda o cuantas veces quieras.

19/01/12

EDGAR ALLAN POE


O 19 de xaneiro de 1809 naceu en Estados Unidos Edgar Allan Poe, poeta, crítico e xornalista romántico, recoñecido como un dos mestres universais do relato curto. Foi tamén renovador da novela gótica e moi recordado polos seus contos de terror. Considerado o inventor do relato detectivesco, contribuíu tamén con varias obras ao xénero da ciencia-fición. 

Según Poe, a máxima expresión literaria era a poesía e a ela adicou os seus máis grandes esforzos. É moi coñecido o seu poema O corvo (The raven, 1845), onde o seu dominio do ritmo e a sonoridade do verso son impecables.

Esta curtametraxe foi o primeiro traballo de Tim Burton como director. Conta en verso a historia de Vincent Malloy, un neno de sete anos, ávido lector de Edgar Allan Poe, que recreando as fantasías do seu literato favorito se transporta a lugares escuros...



E neste vídeo veredes a interpretación que dun poema de Poe, Annabel Lee, fai o grupo Radio Futura:

17/01/12

QUE SON OS ANAGRAMAS?



Sabedes que son os ANAGRAMAS
Un anagrama (do grego ana, novo, e gramma, letra) é unha palabra ou frase que resulta da distinta combinación de letras doutra palabra ou frase. Por exemplo: 

AMOR-ROMA-OMAR-MORA-RAMO-ARMO
Nicanor Parra: “Narrar no pica”
Gabriela Mistral: “Abriga mil letras” 
Miguel de Cervantes: “Dícese vulgarmente”
ESPONXA-XAPONÉS

Como vedes, as palabras conteñen as mesmas letras, coa mesma cantidade de aparicións, pero nunha orde diferente. Este procedemento emprégase en xogos de palabras e na formación de pseudónimos.
Mirade algúns exemplos curiosos:
Nun episodio dos Simpson, Homer ten un amigo chamado Ray Magini. Lisa descubre logo que ese nome é un anagrama para Imaginary (que quere dicir Imaxinario en inglés)
Na serie House, o nome do doutor Gregory House é un anagrama que significa "Huge ego, sorry" (demasiado ego, desculpe)
Nesta páxina encontraredes moitos xogos con anagramas, xa veredes que curiosos...
Se queredes, podedes poñer aquí o voso nome e apelidos para ver que anagramas saen, seguro que levades algunha sorpresa...

16/01/12

DON QUIJOTE DE LA MANCHA


O 16 de xaneiro de 1605 publicábase en Madrid a primeira edición de Don Quijote de la Mancha, de Miguel de Cervantes Saavedra. A obra obtivo unha grande acollida e moi pronto foi traducida ás principais linguas europeas (na actualidade é unha das obras con máis traducións do mundo).
Nun primeiro momento, Cervantes quixo loitar contra o éxito que tiñan entón os libros de cabalaría, burlándose coa historia dun fidalgo manchego que perdeu o xuízo por ler estes libros, créndose un cabaleiro andante. Para Cervantes, o estilo das novelas de cabalaría era moi malo, e as súas historias, desmesuradas. Porén, este propósito inicial foi superado e chegou a construír unha obra que reflectía a sociedade do seu tempo e o comportamento humano.

15/01/12

FERNANDO MARÍAS


Fernando Marías naceu en Bilbao en 1958 e vive en Madrid dende 1975. É novelista, guionista ocasional de cine e editor.
Gañou algúns dos premios literarios españois máis importantes, como o Premio Nadal en 2001, o Ateneo de Sevilla en 2005, ou o Nacional de Literatura Infantil y Juvenil en 2006.

Dos seus guións para o cine destaca La luz prodigiosa (2002), polo que recibiu nominacións a Mejor Guión Adaptado nos premios Goya e no Círculo de Escritores Cinematográficos en 2003.

Neste curso o alumnado de 4º de ESO le Zara y el librero de Bagdag e o de 1º de Bacharelato, o seu último libro publicado, El silencio se mueve.

Moi pronto Fernando Marías estará na Esperela!

13/01/12

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver

 Juan García-Insua e Fernando Olivares, 2º ESO C

La lluvia de París, Lorenzo Silva
A Silvia, unha moza de Getafe, fanlle unha oferta para rodar unha película e estudar en París. Tras a súa boa actuación, o director proponlle facer unhas cuantas películas máis. Durante a súa estancia descubre que ten que facerse realmente maior.
Eleximos comentar este libro porque nos gustou ao telo que ler en clase. Pareceunos moi emocionante a historia durante a estancia en París.
Recomendámolo porque é interesante xa que cada personaxe ten a súa historia.

12/01/12

AGATHA CHRISTIE


Agatha Christie foi unha escritora inglesa de novelas de misterio, coñecida como a Raíña do Crime, que faleceu o 12 de xaneiro de 1976 aos 86 anos. 
Agatha Christie é a escritora de misterio máis coñecida do mundo. Ata o 2003 vendéranse máis de mil millóns de exemplares dos seus libros en inglés e outros mil millóns traducidos a máis de 45 idiomas
A súa obra de teatro The mousetrap (A ratoeira), baseada no seu relato Three Blind Mice and Other Stories) ten o récord de permanencia en carteleira en Londres, con máis de 20.000 representacións desde a súa estrea o 25 de novembro de 1952 ata a actualidade.


11/01/12

MORTADELO Y FILEMÓN


Hoxe chega aos quioscos unha edición de coleccionista das mellores historias de Mortadelo e Filemón selecciondas polo autor, Francisco Ibáñez, que falando da súa obra, di cousas coma estas:

"Si un día no sale nada, pues bueno; pero si al segundo me pasa lo mismo, reúno los lapiceritos, las revistillas, los cuadernos, cojo una cerilla y lo quemo todo; pero de momento no se me ha secado la cabecita, la mente aguanta, pues adelante".

Se queredes máis información, picade aquí.

10/01/12

GABRIELA MISTRAL

A destacada poeta, feminista e pedagoga chilena, Gabriela Mistral, morreu o 10 de xaneiro de 1957. Foi unha das principais figuras da literatura chilena e latinoamericana e a primeira persoa de América Latina en gañar o Premio Nobel de Literatura, no ano 1945. Este premio foi un xusto recoñecemento da súa produción poética e tamén do seu labor literario e social, xa que dedicou a súa vida á difusión da cultura e á loita pola xustiza social e os dereitos humanos.
Neste vídeo escoitaredes a súa voz recitando o seu poema "Meciendo".



06/01/12

CHEGARON OS REIS!!!

Parece que na Esperela somos moi bos, porque os Reis pasaron esta noite por aquí co presente que pedimos na nosa carta: un libro electrónico!
Queriamos un modelo pequeno e sinxelo, cómodo para todos. Estará na biblioteca e alí poderedes consultalo, tamén os profes, e empregar na "hora de ler".
Pero non só aos Reis temos que agradecer este agasallo, senón tamén aos departamentos de Tecnoloxía e de Lingua Castelá, que fixeron posible este novo soporte para achegar, aínda máis, a lectura ao noso instituto. 
                      Grazas!

05/01/12

ISAAC DÍAZ PARDO


A morte sorprendía a Isaac Díaz Pardo esta mañá aos 91 anos de idade na Coruña. O histórico galeguista, artista, industrial, empresario e activista cultural estaba ingresado no hospital San Rafael da Coruña a se recuperar dunha pulmonía. 
Co seu falecemento remata unha das traxectorias vitais máis importantes para entendermos o galeguismo e a evolución do país ao longo dos últimos cen anos. 
Vía Cultura Galega.
No seguinte vídeo veredes as súas reflexións sobre a súa propia historia.



04/01/12

ANO CELSO EMILIO FERREIRO


Tal día coma hoxe, hai cen anos, nacía en Celanova Celso Emilio Ferreiro. Era o 4 de xaneiro de 1912 e o poeta vía a luz na vila que posteriormente sería un dos eixos que guiaron a súa obra literaria. Cen anos despois, esa obra literaria é un referente inexcusable para a literatura galega, que hoxe non sería interpretable sen a figura enorme e simbólica de Celso Emilio.  
Este ano, con motivo do centenario, o Parlamento Galego declarou, por unanimidade, o 2012 como Ano Celso Emilio Ferreiro, con actividades e celebracións especiais dedicadas a conmemorar a figura do escritor celanovés. Hoxe por hoxe, a figura de Celso Emilio Ferreiro sobrepasa o peso da súa propia obra literaria para se converter nun emblema vivo e vital da cultura galega.

No seguinte vídeo, Luar na lubre pon música ao seu poema "María Soliña", no que amosa a dor desta muller, condenada en 1680 polo tribunal da Inquisición acusada de practicar bruxaría...