21/03/20

RECOMENDACIÓNS E ENLACES DE LECTURA PARA LER NO SOFÁ

SUXERENCIAS LECTORAS PARA PASAR MELLOR ESTE TEMPO DE CORONAVIRUS

Unha forma moito máis divertida de pasar este longo tempo na casa é LENDO CÓMICS ONLINE xa que non temos acceso as nosas bibliotecas.

Deixo a continuación unhas explicacións e enlaces en castelán para poder acceder e descargar cómics. Quero aclarar que iré engadindo máis posibilidades a medida que atope enlaces e ideas interesantes.


  •  'Elige tu propia aventura' online

Una de las iniciativas más curiosas es la de la editorial Aftercomic, que va a publicar una viñeta diaria, en las redes sociales, para elegir una continuación.La idea es que fuera como un juego para entretener  como aquellos recordados libros de los años 80 de "elige tu propia aventura" -asegura el dibujante Daniel Zarzuelo-.


El mecanismo es sencillo: "Cada día a las nueve de la mañana -añade dani-, yo y el guionista, José Antonio Rubio, publicaremos una viñeta con un pequeño texto explicativo y dos opciones, para que los chavales voten en nuestras redes sociales lo que quieren que les pase a nuestros protagonistas. Y a las 16:00 haremos el recuento de votos y nos pondremos a trabajar para ofrecerles lo que han elegido, en la viñeta del día siguiente. Además, en la web irémos reuniendo todas las viñetas para que pueda leerse la historia de un tirón".

Se publicarán las viñetas en blanco y sengro para poder iprimirlas y colorearlas.En principio la idea es hacer la viñeta durante 15 días, pero se ampliará si es necesario".


  • El premiado guionista El torres (El fantasma de Gaudí, Goya: lo terrible, lo sublime, Nancy in hell) fue de los primeros en poner a disposición de los lectores cómics gratis por internet de su editorial (Karras Comics) , hasta el 30 de marzo.
   https://www.dropbox.com/sh/29bc0r7sjgncwd6/AAADLT5frBFJCBgFhpDdOoOza?dl=0






21/06/19

FIN DE CURSO!!





Estes foron os agasallos deste ano dende o equipo da Esperela. Parabéns, alumnado, e moita sorte!!

19/06/19

LECTURAS DOS ATRAPASOÑOS



Aquí tedes todas as lecturas que os Atrapasoños fixemos neste curso. Esta actividade tan bonita non sería posible sen Belén, que traballa moito e moi ben, e sen vós, o alumnado participativo e disposto sempre a compartir tempo e historias. Grazas!!

14/06/19

A ÚLTIMA DE ATRAPASOÑOS!!



Hoxe rematamos cos Atrapasoños deste curso. Tivemos unha sesión moi emotiva, con lecturas, vídeo, merendola e agasallos. Esta Belén moito vale!! Que bonito organizou o curso e como soubo crear grupo! Grazas, Belén, por ensinarnos tanto! 

31/05/19

UNHA MÁIS DE ATRAPASOÑOS!!

Os Atrapasoños xúntanse outra vez, nesta ocasión cun relato de César Mallorquí, Rapaz omega. Unha historia de acoso e crueldade que nos fai reflexionar sobre as propias responsabilidades.

Tedes máis información no Blog dos Atrapasoños!

24/05/19

EDUARD PUNSET

O 22 deste mes finou o escritor e científico catalán Eduard Punset.
"Es imposible educar sin sentimiento. Cada uno de nosotros es una comunidad andante de células que ha entregado al cerebro las llaves de su comportamiento".
Imaxe relacionada

23/05/19

VOLVEMOS AO SÉCULO XVII



Hoxe, tres rapazas e un rapaz de 3º de ESO convertéronse en personaxes do século XVII e levaron o seu saber ao cole de primaria. Alí, a rapazada de 5º escoitou con atención e aprendeu algo máis de Cervantes, Shakespeare, Hamlet e Don Quijote.
Que sorte poder contar con este alumnado tan colaborador!! Moitas grazas!!

22/05/19

UN CAMPIÓN!!



O departamento de Educación Física e a biblioteca A Esperela trouxeron hoxe ao instituto a Martín Varela Dourado, un campión de tenis e de vida. Xogou e falou da súa experiencia co alumnado de 3º e 4º de ESO nunha visita difícil de esquecer.
Grazas, Martín!!

17/05/19

15/05/19

EDWARD HOPPER

Edward Hopper foi un pintor estadounidense, famoso polos seus retratos da soidade da vida americana contemporánea. Morreu o 15 de maio de 1967.

14/05/19

PIONEIRAS 2


O segundo volume de Pioneiras, galegas que abriron camiño, xa está na Esperela.
Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... Este segundo volume  fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións.