23/04/16

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Para conmemorar este Día do Libro tan especial, no que se cumpren catrocentos anos da morte de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare, na Esperela organizamos unha actividade con alumnado voluntario de terceiro de ESO, coa finalidade de achegar estas dúas figuras (e dous dos seus personaxes) ao alumnado de Primaria. Este foi o resultado... 


DÍA DO LIBRO 2016 on PhotoPeach


22/04/16

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver


Sara Arrojo Dueñas, 4º ESO 
Que me queres, amor? Manuel Rivas

Dentro da obra Que me queres, amor? de Manuel Rivas, recomendo o conto "A lingua das bolboretas" porque para min foi moi emotivo, xa que mestura feitos históricos, a Guerra Civil, coas emocións que poden sentir un profesor e un alumno que se admiran entre eles.

21/04/16

PRINCE

Hoxe morreu aos 57 anos Prince, todo un icono e unha das figuras clave da música popular do século XX.

20/04/16

GRAZAS, MARÍA MOLINER


Durante a II República, María Moliner traballou como bibliotecaria e foi membro das Misións Pedagóxicas. Nesta institución, convencida de que a cultura tiña que achegarse ao pobo, desenvolve unha rede de bibliotecas da que forman parte centos de centros.
Pero se agora seguimos tendo tan presente a María Moliner é por ser a autora do Diccionario de Uso del Español, máis coñecido como Diccionario María Moliner (durante máis de 15 anos traballou nel na súa casa) , publicación que cumpre neste mes de abril 50 anos.

18/04/16

ROSALIND FRANKLIN



Rosalind Franklin foi soterrada un día coma hoxe en 1958. Morreu moi nova, dun cancro de ovario causado seguramente porque traballaba sen protección con raios X, para fotografar moléculas. Iso mesmo serviu para que outros catro científicos gañasen dous premios Nobel aos que ela nin sequera puido aspirar.
Vía Materia.